Adán pregunta que persoal atenderá ás persoas LGBTI nos Centros de Información ás Mulleres
A deputada do BNG tamén se interesou polos recursos económicos destinados á atención das persoas LGBTI e propuxo cambiar o nome de Centros de Inforamación ás Mulleres por Centros de Igualdade
A parlamentaria do BNG, Carme Adán, formulou hoxe unha pregunta ao goberno relativa ao persoal que atenderá ao colectivo de Lesbianas, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais,(LGBTI), nos Centros de Información ás mulleres, (CIMs)
Van dous anos da lei, dixo a deputada e temos un decreto que desenvolverá esta lei no que atinxe á atención nos Centros de Información ás mulleres a persoas LGBTI pero descoñecemos con que recursos e cun persoal que verá duplicado o seu labor.
Adán preguntou que persoal atenderá na orientación e apoio ás persoas LGBTI, con que formación e con que recursos económicos porque na súa opinión hai unha mestura entre o traballo para abordar o traballo específico coas mulleres vítimas de violencia de xénero ou especial vulnerabilidade e ás cuestións máis especificas das persoas LGBTI relacionadas coa homofobia e a discriminación.
A Xunta defende a atención de persoas LGBTI nos Centros de Información á Mulleres
Pola súa parte, o vicepresidente, Alfonso Rueda asegurou que os CIMs son os centros idóneos e culpabilizou ao bipartito de non ter elaborado ningunha a Lei nin campaña referida ao colectivo LGBTI. Rueda reiterou que o colectivo é atendido a través da lei en colaboración cos gobernos locais.
Carme Adán replicou a Rueda que o Partido popular ten un problema psicolóxico co anterior goberno e reprochou que o Parido popular o primeiro que fixo ao entrar no goberno foi pechar os centros Quérote, e as oficinas de igualdade e mentres estivo o bipartito non foi pechado nin un só CIM e abríronse as oficinas de igualdade pero hoxe non preguntamos como eran atendidas nese momento as persoas LGBTI, senón como van ser atendidas agora, e atendelos nos Centros de Información ás mulleres é absolutamente delirante.
Non volvan ao pasado e responda as preguntas formuladas., insistiu a nacionalista que ademais propuxo mudar o nome e denominalos, Centros de Igualdade, deixen de chamalos CIMs se van a atender a persoas LGBTI, concluíu.