Adán pregunta a Industria polas medidas para impulsar o autoconsumo enerxético
A parlamentaria apelou ao aforro de enerxía, eficiencia nas redes de transportes e redución de prezos do mercado para impulsar que os consumidores xeren a súa propia electricidade
Pleno.-A deputada do BNG, Carme Adán formulou hoxe unha pregunta ao conselleiro de Industria, Francisco Conde relativa ás previsións do goberno para impulsar o autoconsumo enerxético.
O conselleiro de Industria, Francisco Conde afirmou que o Goberno investiu 7 millóns de euros en diferentes instalacións de solar e fotovoltaica e dende hai tres anos permite nas axudas introducir proxectos nos parques industriais de enerxías renovábeis polo tanto, o Goberno defende o modelo de autoconsumo. Na súa intervención, Conde convidou á nacionalista a debater en profundidade como encontrar o equilibrio entre a democratización e a sostenibilidade para manter dende o punto de vista financeiro e económico o conxunto do sistema.
A parlamentaria replicou que a intervención do conselleiro e a súa súa postura resúmese nunha coñecida cita: Que bo escudeiro é o Goberno galego se tivera un bo Señor en Madrid. Vostede veu hoxe ao Parlamento a repetir que o autoconsumo penaliza aos consumidores no sector eléctrico e nós, recalcou, non compartimos esa premisa ao igual que o clúster de autoconsumo e as persoas que traballan na actualidade pola fotovoltaica ou o eólico da rede.
O problema, abondou a nacionalista é a penalización a ese modelo de consumo a partir da lei do sector eólico con multas que as veces son superiores ás practicadas ás grandes empresas eléctricas. Nós, dende o BNG non compartimos o criterio de que sexa o autoconsumo o que sube os prezos da tarifa eléctrica máis ben, todo o contrario.Polo que preguntou se van ser eliminadas as trabas para autoconsumo en Galiza e facer unha aposta pola fotovoltaica e o eólico. Por agora sabemos a súa única aposta é a biomasa. Vostede considera que autoenerxia pode ser democrática, si ou non?, concluíu Adán.
O conselleiro de Industria acusou ao BNG de colaborar co PSOE no déficit de tarifa en 26 millóns de euros, a vostede, dixo non lle interesa falar da sostenibilidade do sistema enerxético non lle preocupa o único que pretende é democratizar o sistema.
O Goberno, afirmou mantén o criterio de non discriminación de usuarios, o tratamento fiscal e o autoconsumo debe garantir a sostenibilidade do sistema eléctrico.