Adán lamenta que o PP vete falar de "Feminicidio" no Palamento galego
A iniciativa defendida pola deputada do BNG reclamaba iniciar un debate para introducir o termo cara o desenvolvemento dun Estatuto propio das Vítimas de Feminicidio
Pleno. A violencia é unha realidade que vivimos na nosa sociedade e grazas ao traballo dos movementos das mulleres deixou de ser unha asunto invisible pero temos que seguir dando pasos de tipo legal introducindo a figura de feminicidio, explicou a deputada do BNG, Carme Adán na defensa da Proposición non de lei destinada a iniciar un debate para modificar a lei de Medias de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
Para o PP, as palabras dan igual á hora definir a violencia de xénero
Tras a intervención da portavoz do Partido popular, Marisol Díaz Monteira que anunciou o voto en contra por considerar que da igual como se chame, o importante é que non se produzan asasinatos de mulleres e o PP xa está traballando nesa liña, Carme Adán retrucou que non da igual, porque as palabras teñen un significado e os límites do noso mundo son os límites da nosa linguaxe. As palabras non son igual, repetiu, porque cada concepto ten unha carga, non só semántica senón tamén de tipo práctico.
Todas estamos dacordo en que necesitamos mellorar os xulgados, máis formación e máis orzamentos e non circunscribir o debate de violencia de xénero a unha comisión. En sesión plenaria tamén debemos falar de violencia contra as mulleres e tamén de feminicidio porque queremos ir un paso máis alá, porqué a obriga desta Cámara é lexislar.
Adán relatou as temáticas que a miúdo son debatidas, de maneira reiterada, nas sesións plenarias e preguntou cantas veces dedicamos tempo no pleno para falar de violencia de xénero?Traeremos a esta cámara, todas as veces que sexan necesarias o tema do feminicidio porque o debate vaise dar na rúa, insistiu.
É necesario educar en igualdade e para iso non se pode considerar que a violencia de xénero é un problema de ciumes ou un problema de ámbito doméstico por iso reivindicamos o termo feminicidio e lamentamos que o Partido popular impida o seu debate no Parlamento galego.
Adán mostra a lista dos nomes das mulleres asasinadas por violencia de xénero
Na intervención, Adán mostrou a lista de mulleres asasinadas no Estado español durante este ano, varias en Galiza e dixo que a utilizaba como reflexión para valorar a necesidade de mudar a lexislación e a súa ampliación. A violencia contra as mulleres foi silenciada durante anos, décadas e séculos nos que non existían palabras, termos xurídicos, sociais, filosóficos e antropolóxicos para poder describila polo que volveu a reclamar o termo feminicidio.
A deputada lembrou que a lei galega albiscou novas propostas como incluír a violencia psicolóxica, económica, acoso sexual e trata de mulleres e nenas. Dende 2007 a 2015 máis de un millón de mulleres presentaron unha denuncia pero o 50% foron sentenzas arquivadas, en Galiza no último ano, 109 contaban con sentenza para acceder ao salario pero 200 non accederon por problemas de acreditación. Neste sentido, reclamou introducir un novo título para ampliar as diversas maneiras de acreditar un suceso de violencia de xénero entre os que destacou un informe de servizos sociais e sanitarios, inspección de traballo ou outras que se establezan regulamentariamente.