Adán demanda construción civil para Navantia
A nacionalista tamén pediu financiamento e carga de traballo para as empresas auxiliares galegas abocadas na actualidade ao cerre. O grupo maioritario do Partido popular rexeitou a iniciativa nacionalista.
A parlamentaria do BNG, Carme Adán defendeu hoxe unha proposición non de lei destinada a prover de carga de traballo o Sector Naval galego, na actualidade en situación de emerxencia.
Na súa intervención Adán demandou que o Goberno galego participe no consello de Administración de Navantia e dar cumprimento ao artigo 4 da Lei do Sector Naval de Galiza que establece que a Xunta negociará co Estado a súa participación na xestión das empresas públicas estatais integradas no sector naval de Galiza e que poidan ser obxecto de traslado.
O BNG pide traballo para as empresas auxiliares galegas
Ademais, a deputada denunciou que sexan empresas foráneas as que consigan maior volume de contratación polo que pediu que sexan empresas auxiliares galegas as que teñan presenza en Navantia.
Por outra parte, a parlamentaria explicou que se Galiza quedou fora da construción de petroleiros foi porque o goberno galego estivo ausente no consello de Administración e non pelexou por eles polo que reclamou construción civil para Navantia.
Na súa intervención, tras ler parte do contido da Comisión promotora da Lei de Fomento do Sector Naval do 29 de decembro do ano 2009, asegurou que a propia Lei puña de manifesto as constantes reconversións sufridas no sector naval de Galiza e concretamente polo sector público, Navantia e recalcou que o BNG oponse radicalmente a novas reconversións no sector.
Adán volveu dicir que durante as dúas lexislaturas do Partido popular, o Sector naval esmorece e recentemente foron os representantes da CIG os que explicaron no Parlamento a situación de emerxencia das rías de Ferrol e Vigo pola falta de carga de traballo, a realidade, a día de hoxe, dixo a nacionalista, é que non non existe case carga de traballoe partir do verán tampouco haberá carga de traballo para Navantia. En Navantia Ferrol conta con 300 persoas en plantilla e 113 con máis de 60 anos e en Fene 120, por iso a nosa iniciativa hoxe busca un consenso de mínimos para o goberno galego asuma a súa participación nos foros onde se toman as decisións sobre a carga de traballo e posibles plans industriais.
Finalmente o BNG acadou o acordo unánime da Cámara para que Navantia remita ao Parlamento o PLan Industrial.