En xuño, “Sarria de todas as cores”, un programa para visibilizar a diversidade sexual

Sarria de todas as cores
  • Este ano a iniciativa da Concellería de Cultura e Igualdade, da nacionalista Mónica López, inclúe actividades nos centros de ensino e un ciclo de cinema ao ar libre

Trala boa acollida da primeira edición do programa de visibilización da diversidade sexual, Sarria de todas as cores consolídase cunha oferta cultural e formativa que busca promover o coñecemento, a tolerancia e o respecto polo colectivo LGTBI. Este ano, a Concellería de Cultura e Igualdade optou por incluír actividades nos centros de ensino secundario da vila, cunha clara consciencia de que educación no respecto pola diferenza é a única maneira de evitar o bullying e a intolerancia, fomentando a comunicación a través de iniciativas que incidan na necesidade de recoñecérmonos como sociedade na diversidade sexual e de xénero, especialmente no ámbito escolar.

Así, o día 1 de xuño os IES Xograr Afonso Gómez (9,30h.) e Gregorio Fernández (12,30) acollerán a actividade (TRANS) formando o mundo, que chama a atención sobre a transexualidade na infancia e mocidade, unha realidade historicamente silenciada e que vén de saír á luz recentemente coa iniciativa tránsfoba do autobús de Hazteoir.org. A partir da obra “22 segundos” de Eva Mejuto, a primeira de narrativa xuvenil galega que toca esta temática, o alumnado de ESO e Bacharelato achegaranse á realidade transxénero a través de Álex, o protagonista da novela, un mozo transexual que decide abrir un canle de Youtube para compartir a súa experiencia vital, desde a máis tenra infancia, ata o seu proceso de transición e e reasignación de xénero. Ademais da autora, estarán o mozo trans Éric Dopazo, que intervirá co acompañamento musical a través do seu grupo Canela Cafuné, do que tamén forma parte Marta Bravo.

A finalidade da actividade, alén da obra, é reflexionar, co alumnado sobre as experiencias vitais dos nenos e mozos Trans así como analizar a actual situación legal, social e médica deste colectivo.

Non hai forza transformadora e removedora de consciencias coma o ensino, para axudar a normalizar condutas, respectar a diversidade e previr e detectar discriminacións, abusos e o do que moitos nenos e nenas son vítimas hoxe en día. Se esta circunstancia dáse de forma preocupante na poboación xeral, nas crianzas e na mocidade LGTBI e TRANS é claramente alarmante. A taxa de tentativas de suicidios neste colectivo (Trans) supera o 40%, fronte ao 1,2% da poboación xeral. Nos adolescentes, chega ao 70% o índice de menores que admiten ter sufrido bullying pola súa condición sexual. Asociacións como Arelas ou Chrysalis inciden nos últimos tempos na necesidade de visibilización dun colectivo que segue catalogado, a nivel médico, como enfermo, e piden por iso unha LEI GALEGA DE IDENTIDADE DE XÉNERO, así como a despatoloxización da transexualidade, propostas ambas que a Concellería de Cultura e Igualdade de Sarria, secunda e apoia.

Cinema LGTBI

Outra das novidades desta edición é a creación dun ciclo de cinema de temática LGTBI. O ciclo inaugurarase o día 26 de xuño, na casa da Cultura, coa conferencia “Cinema diverso. Un percorrido pola temática LGTBI na sétima arte”, a cargo de Lázaro Louzao, director da primeira longametraxe LGTBI en galego Nove de novembro, que actualmente está en fase de produción. Tamén intervirá Sandra Guedev, produtora da curtametraxe No soy él. A intervención incluirá a proxección dun avance de “Nove de novembro” eestrea da curta “No soy él”. A Praza da Vila acollerá, os días 27, 28 e 29 de xuño, ás 22,00 horas, as proxeccións aolibre das longametraxes: LA CHICA DANESA (2016). Multipremiada produción británica dirixida por Tom Hooper. UN AMOR DE VERANO (2015). Produción francesa dirixida por Catherine Corsini. PRIDE (2014). Produción británica dirixida por Mathew Warchus. Festa do Orgullo e Exposición de Fotografía

O toque festivo do programa terá lugar na Unión o próximo 30 de xuño, cun concerto-verbena a cargo da orquestra Os Modernos, a partir das 22,00 horas.

O sábado 1 de xullo inaugúrase na Casa da Cultura a exposición fotográfica Sorrisos Transformadores, promovida por Arelas e a Deputación de Pontevedra, que permanecerá aberta ao público ata o 15 do mesmo mes. Coincidindo coa apertura da mostra, a partir das 20,00 horas, presentarase o libro 22 segundos, de Eva Mejuto editado por Xerais, nun acto literario-musical no que actuará o grupo Canela Cafuné.

 

DESCARGAS