Xa non valen máis escusas, Feixóo ten que rectificar e reabrir o paridoiro e urxencias pediátricas do Hospital de Verín
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón pide a Feixóo que rectifique e reabra o paridoiro e urxencias pediátricas do hospital de Verín”. Pontón recalca que xa “non valen máis escusas” e o peche dos servizos afectan aos dereitos das mulleres e da infancia.
Para a nacionalista, a decisión de pechar o paridoiro e urxencias pediátricas é “unha decisión política” que agocha “intereses económicos”. Pontón explicou que non é casual o anuncio da apertura dun paridoiro privado na localidade portuguesa de Chaves ao tempo que pecha paridoiro público de Verín. Feixóo, dixo, non defende os intereses das mulleres nin da infancia e exerce na práctica de “intermediario da sanidade privada”.
A portavoz nacional do BNG recalcou que coa sanidade pública “non se xoga” nin tampouco coa vida das persoas polo que volveu a reclamar a Feixóo que “rectifique”, que non utilice máis escusas e reabra o paridoiro e as urxencias pediátricas do Hospital de Verín.
Declaracións realizadas na habitual rolda de prensa que a portavoz nacional do BNG ofrece os luns no Parlamento galego.