Vence replica a Santamaría que o "autobombo" non tapa que o PP só trouxo a GZ recortes e espolio
Tres días de festa jolgorio de autobombo con colocación de primeiras pedras, promesas electorais resesas e mensaxes de recuperación económica que supoñen un insulto á intelixencia dos galegos e galegas.
Esa é valoración do BNG sobre a convención do PP que leva ao portavoz nacional, Xavier Vence, a replicarlle a vicepresidenta do goberno que o único que podemos ver en Galiza que trouxeron as políticas do PP e o espolio e saqueo sistemático dos contribuíntes, dos usurarios dos servizos públicos, dos aforradores e dos consumidores.
Vence ironizou sobre o concepto de recuperación de Soraya Saenz de Santamaría que, supostamente, se iniciou en Galiza. Os economistas e os manuais de economía teñen que reformular a definición dos termos crise, recuperación e recesión económica tras escoitar a vicepresidenta quen, ou ignora totalmente o que pasa aquí ou nos toma por parvos.
Como exemplo dese espolio e saqueo que supoñen as políticas do PP en Galiza, Vence citou a aniquilación do sistema financeiro galego e o desleixo na defensa dos intereses públicos que se traduce nunha indemnización a Pescanova dun millón de euros.
No primeiro ano o señor Escotet obtén uns beneficios que superan a todo o que ten que pagar pola primeira entidade financeira do país que xestiona o 35% do noso aforro, mentres nos quedamos sen un banco galego, sen crédito para familias e empresas que segue sen fluír e aínda sen concluír a devolución da totalidade do estafado polas preferentes, denunciou o dirixente nacionalista. Feijóo debe explicar a súa complicidade co espolio do noso sistema financeiro, demandou.
O Bloque tamén atribúe ao desleixo do presidente da Xunta que unha decisión ilegal adoptada por un goberno en funcións do PP en 2005 do PP do que formaba parte, termina custando un millón de euros á facenda pública.
Un Feijóo ao que se lle enche a boca de austeridade para xustificar os recortes nos servizos públicos, pero paga relixiosamente indemnizacións millonarias motivadas polas súas decisión ilegais e pola súa indolencia á hora de defender o interese da facenda galega nos tribunais, criticou Vence, tras denunciar que a sentenza do Tribunal Supremo indica expresamente que a Xunta non presentou proba algunha para desmentir o informe pericial presentado pola empresa, o que leva a esa condena dun millóns de euros como compensación.
Para o Bloque, a conduta do presidente galego bordean o delitivo polos prexuízos á facenda pública, e demanda a Feijóo que dea explicacións.
Todo, nun contexto no que Galiza segue a destruír emprego, con recortes en Educación e sanidade que afectan mesmo ao tratamento en doentes que se xogan a vida, baixan os recursos para a dependencia, e a economía arroxa datos moi inferiores á media estatal. Ese é o verdadeiro balance do PP no país, concluíu.