Tereixa Paz pide regularizar a situación dos emigrantes retornados galegos

 Tereixa Paz, que interpelou ao conselleiro de Facenda sobre a actual situación dos emigrantes retornados galegos mostrou a súa “estupefacción” polo trato do Partido popular con Rodrigo Rato, incurso nunha “amnistía fiscal”, mentres os pensionistas da emigración galega son tratados como “defraudadores fiscais”

 Pleno.- A deputada do BNG, Tereixa Paz volveu levar hoxe ao Parlamento a crítica situación dos emigrantes retornados galegos obrigados a declarar ante facenda unhas cantidades derivadas das pensións no estranxeiro. Este colectivo, dixo, vive “un momento de caos” ante a aprobación dunha medida correctora que cualificou de “chapuza” e que se converteu nunha “norma propagandística” en troques de resolver o problema d@s afectad@s.

A deputada puxo como exemplo o caso dunha persoa “con invalidez absoluta” que é obrigada a tributar cando en realidade, dixo, “non existe tal obriga” pero para Administración son “evasores fiscais”.

As sentenzas relativas a retornados de Alemaña especifican que pensións percibidas neses país ata 201, “non tributan no Estado español e a Axencia tributaria debe polo tanto, devolverlle os cartos en vez de torturalos para que fagan a declaración.

Dependendo en que oficina tributaria pregunte vostede sobre as deducións, esta información varía.Mentres nalgunhas están exentos, noutras aseguran que deben ser aboadas as cantidades na súa totalidade.

A parlamentaria preguntou que responden os funcionarios as persoas emigrantes retornados cando chaman á Xunta para preguntar que deben facer despois de cobrar en Suíza por unha invalidez absoluta, “que alí non tributa” ou cando un retornado de Holanda afirma gañar 31.000 euros anuais dos que lle descontan 14.000 nese país e o funcionario da Axencia Tributaria lle di que eses 14.000 non se poden deducir. Qué lles din os funcionarios da Xunta?. Que está obrigado a pagar 8.000 euros aquí?. “Nin Rato tería que pagar tanto polos 40 millóns de euros que roubou”.

O conselleiro de Facenda afirma que Facenda estatal non está obrigada a asumir as sentenzas do TSXG

Tras amosar o seu apoio o colectivo de emigrantes retornados e afirmar que a Facenda galega non ten competencias neste ámbito, o conselleiro explicou que en materia de IRPF existen competencias sobre o rendemento deste imposto no noso país, “con independencia do lugar no que viva o contribuínte” e debe terse en conta cos convenios co resto do países.

Sobre o grupo singular de emigrados en Alemaña, engadiu, o TXSG xa se pronunciou sobre as pensións ata o ano 2013 pero a Axencia Tributaria estatal “non está obrigada a acatar as sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza” e a Facenda galega, reiterou, “non ten competencias”.

Martinez anima aos emigrantes retornados a acceder o enlace da páxina web da Consellería

Os emigrantes cumpriron, segundo a Axencia tributaria estatal, nun 68% e desde o pasado mes de decembro existe un enlace para a condonación das cantidades a través dun sitio na páxina web da consellería, engadiu o conselleiro.

Tras ser arbitrado o procedemento para o abono de multas e xuros, a Axencia tributaria do Estado segue notificando ao emigrantes a súa obriga a tributar, respondeulle a parlamentaria do BNG.

Asemade, concluíu Tereixa Paz, este pleno valeu para dúas cousas, unha para saber que foron remitidas dúas cartas nos ano 2013 e 2014 e que hai un enlace na páxina web da consellería de Facenda , e xa sabemos, ironizou, que as persoas maiores de setenta anos “son as maiores consumidoras de internet e das páxinas web” sobre todo nas zonas rurais.