Tereixa Paz: Os orzamentos de Vicepresidencia, paradigma da mentira do PP
O "mesmo mantra sempre" dixo Tereixa Paz que criticou o gasto interno da consellería de Presidencia en contraste cos recortes en Xustiza e Igualdade
Tras a comparecencia do Vicepresidente da Xunta para presentar os orzamentos, a parlamentaria do BNG, Tereixa Paz afirmou que as contas para o 2014 resultan o mesmo mantra de todos os anos e representan o paradigma da mentira eterna do Partido popular instalado na propaganda.
Paz criticou o incremento de gasto corrente, (74.000 euros máis) e negou a afirmación de que que se gaste menos no funcionamento interno da Xunta nun 1, 9 por cento porque o esforzo que lle pediron vostedes aos empregados públicos, castigándoos coa rebaixa salarial, volven a pedirllo este ano outra vez, explicou.
Educación baixa un 2,2%, a respecto do ano pasado, Sanidade 4%, e as políticas produtivas de medio rural baixan nun punto, diminución que contrasta coa subida do gasto para pagar os intereses da débeda. Débeda que segundo o Banco de España multiplicou por tres dende que goberna o Partido popular coa súa austeridade.
Menos recursos para políticas de Igualdade
O gasto na Secretaria Xeral técnica, dixo experimenta un incremento do 7,7% mentres a Secretaría de Igualdade diminúe un 0,8%. A Igualdade para o PP é un luxo e por iso só empregará 12, 3 millóns de euros para o ano 2014 a pesar de que en todas as crises económicas as máis afectadas sempre son as mulleres. Na práctica, engadiu, vostedes eliminaron as políticas de Igualdade, algo que resulta letal e como consecuencia as mulleres presentan menos denuncias por violencia de xénero ante a falta de recursos. Dos 39 millóns de euros para programas de protección das mulleres este ano investirán só 12.
Ademais, redúcense 350.000 euros as partidas para as políticas de Igualdade nos concellos mentres o PP beneficia á Rede Madre e a centros de ensino que segregan por razón de sexo.
Tereixa Paz tamén se referiu á propaganda de Vicepresidencia para seguir vendendo o Centro de recuperación de vítimas de violencia de xénero do que dixo, xa foi inaugurado pola deputada Paula Prado nas pasadas eleccións.
Xustiza sen órganos para resolver o colapso xudicial
Que fixeron durante o ano 2013 ademais de continuar coas obras do Edificio xudicial de Ourense porque o resto dos investimentos anunciados seguen como di vostede a piques pero sen executar.
A deputada acusou a Rueda de incapacidade para acadar un acordo co alcalde de Vigo para a construción da Cidade da Xustiza e preguntou para cando a nova oficina xudicial e novos órganos destinados a resolver o actual colapso xudicial.
O mesmo mantra todos os anos
Paz mostrou o seu estupor sobre o anuncio do Vicepresidente da Xunta que avanzou a súa intención de manter a quenda do pago de oficio, do que dixo veñen vostedes a vendernos os recursos para este servizo cando está asegurado co financiamento das taxas xudiciais, o mesmo mantra sempre, concluíu.