Tereixa Paz acusa ao PP de ser unha máquina de crear paro
A deputada denunciou políticas do PP contrarias a creación de emprego e a privatización dos servizos de loita contra incendios e salvamento marítimo
Pleno.Na defensa das emendas do BNG aos orzamentos da Presidencia da Xunta de Galiza, Axencia galega para a modernización tecnolóxica de Galiza e Axencia de Turismo, a deputada do BNG, Tereixa Paz, acusou ao Partido popular de defender unhas contas para o ano 2014 de costas á cidadanía galega e sen proxecto para recuperar a económica galega, son vostedes unha máquina de crear paro e destrución de emprego en Galiza, afirmou.
A deputada criticou duramente a intervención da portavoz popular, Paula Prado da que dixo, defendeu unhas contas que demostran claramente que o PP reduciu algúns gastos en protocolo pero onde verdadeiramente meteu as tesoiras foi en sanidade e Educación.
Paz tamén denunciou a redución de orzamentos á políticas de Igualdade, hai recortes que son letais para seguir avanzando na loita contra a violencia de xénero, porque ao PP estas políticas sóbranlle e non queren investir nelas.
A crise económica, dixo, impide que moitas mulleres denuncien violencia de xénero e vostedes nin sequera queren debater incrementar 250.000 euros para avanzar na formación das persoas que están en contacto coas afectadas por violencia de xénero.
Plan demográfico do PP mentres as mozas son obrigadas a emigrar
Vemos como este país se desangra e miles de mozos e mozas deben emigrar mentres vostedes o único que propoñen e un Plan de demografía, como van conciliar as mozas a súa vida familiar se teñen que marchar de Galiza para traballar,preguntou.
A Xustiza galega en precario
Tereixa Paz denunciou a xira de Alfonso Rueda publicitanto novos edificios xudiciais en todas as cidades galegas, despois de catro anos, só está en construción o edificio xudicial de Ourense.
A nós gustaríanos saber, preguntou a anacionalista, se no 2014 serán licitadas as obras e se haberá un novo edificio xudicial en Vigo. A deputada tamén aludiu a falta de avances noutros ámbitos dende a transferencia de Xustiza a Galiza, é vergoñento que un goberno que defende o autogoberno tolere as dificultades para emitir resolucións xudiciais no idioma propio do noso país.
A deputada criticou o desleixo da Xunta para reclamar a transferencia doutras competencias e preguntou para cando unha policía integral galega mentres se segue sufragando con cantidades inxentes a seguridade privada.
Finalmente, Paz tamén aludiu a situación caótica das emerxencias, cun servizo cada vez máis fraccionado, o último invento foi a creación de grupos de emerxencias supramunicipais, con clientelismo na contratación de persoal e que perpetúan un modelo de emerxencias privatizado como os servizos contra incendios ou salvamento marítimo.