Suicidios por desafiuzamentos: O BNG esixe ao Goberno que actúe xa contra os criminais bancarios
A portavoz do BN
En concreto, a deputada nacionalista anuncia que o BNG pide a comparecencia urxente do ministro de Xustiza en Comisión Parlamentar e do presidente do Goberno no Pleno do Congreso para que expliquen as medidas urxentes que van tomar para parar os desafiuzamentos hipotecarios e se teñen previsto tomar medidas de apoio económico e social ás vítimas desta criminalidade bancaria.
Basta xa de acenos propagandísticos do Goberno
Ademais, Olaia Fernández Davila esíxelle ao Goberno que se deixe de acenos propagandísticos, e que tome medidas contundentes dunha vez, porque os afectados polos desafiuzamentos hipotecarios levan reclamando medidas para parar esta inxustiza dende hai anos e os Gobernos non fixeron nada.
Calcúlase que nos últimos dous anos executáronse no Estado español uns 400.000 desafiuzamentos e prevese que se executarán uns 250.000 nos próximos anos.
Apoio do BNG á cadea humana que onte evitou un desafiuzamento en Moaña
Por último, a deputada nacionalista amosa o apoio do BNG á cadea humana que onte evitou un desafiuzamento na vila pontevedresa de Moaña.
O noso total apoio ás accións cidadás para evitar estas accións criminais dos bancos, subliñou.