A suba do IVE confirma que o rescate á banca é un saqueo ao pobo

Guillerme acusou hoxe ao presidente do Goberno,. Mariano Rajoy, “de mentirnos cando nos dixo que o rescate non ía ter repercusión sobre as persoas”.

Neste sentido, advertiu que “hoxe confírmase o que o BNG denunciaba cando se anunciou o rescate bancario: saquearán ao pobo pola via de incrementar o IVE, os prezos, mesmo para os produtos de primeira necesidade”. “E seguirán saqueando ao pobo -advertiu- pola vía de aumentar impostos para as rendas medias e baixas mentres as grandes fortunas seguen exentas de pagar un só duro, e ao mesmo tempo baixando os salarios”.

Por iso, o portavoz nacional do BNG demandou “un cambio de rumbo radical, con medidas como crear unha Banca Pública Galega”.

 

http://youtu.be/6gQbglmKKE8