Galegas 2016
Sons para un tempo novo
23 de setembro de 2016 (13:06 h.)
Os “hits” xa non son só cousa do verán. Desde hai tres eleccións, o BNG decidiu poñerlle “banda sonora” ás campañas con cancións orixinais compostas para a ocasión. Caxade, Mini, Marcos Paino -do grupo Das Kapital-, Xavi de Raiba, Navia Rivas ou Jasper de Nao son algúns dos nomes que lle puxeron voz e música ás nosas propostas e mensaxes. Agora damos un paso máis e reunímos eses temas nun EP dixital que se poderá descargar de balde, ou facendo a achega voluntaria que cadaquén considere. Agardamos que vos guste!