Rosana pregunta ao Goberno se o Goberno acordou co Xefe de Estado falar de Navantia con Qatar
A deputada do BNG alude ás afirmacións do embaixador de Qatar quen asegurou que o Xefe do Estado español mantivo contactos recentemente co emir catarí. Afirmacións que levaron á Casa Real a sinalar que os contactos foron para mediar en pro dos estaleiros públicos de Navantia na oferta para lle vender once embarcacións.
Según a información da propia Casa Real, o Xefe do Estado se tería dirixido ao emir por carta o pasado 1 de marzo para lle trasladar a importanza de que Navantia conseguise o contrato de construcción de catro corbetas, seis patrulleiras e unha embarcación de apoio para Qatar.
Salienta Rosana Pérez a coincidencia ou a casualidade temporal de que ao mesmo tempo o xenro do Rei teña recibido unha oferta do equipo de balonmán nacional catarí para ser segundo entrenador desta equipación.
Cal é a decisión do emirato catarí?
Dado que se trata da axenda do Xefe de Estado, a deputada do BNG formula unha serie de cuestións ao Goberno: Falou o Goberno co Xefe de Estado para que se dirixise ao emir catarí a fin de intermediar en favor de Navantia? Acordou o Goberno esta xestión co Rei? De ser así, cais son os resultados da mesma?
Encargoulle o Goberno outros contactos comerciais? Sabe o Goberno cal é a decisión do emirato catarí?.
A parlamentar nacionalista quer saber se o Presidente do Goberno e o Ministro de Industria levan na súa axenda de contactos exteriores a necesidade de conseguer carga de traballo para os estaleiros públicos.
Por último, Rosana Pérez pregunta se o Xefe do Estado trasladou ao emir catarí outras cuestións ou intereses.