Rosana Pérez presenta iniciativas no Congreso para que Fomento anule a suba das peaxese en 2014

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha pregunta escrita e unha proposición non de lei na Cámara na que demanda a Fomento que anule a decisión de aumentar as peaxes das autoestradas como a da AP-9 para primeiros de 2014.

Na proposición non de lei rexistrada, a deputada do BNG tamén insta ao Ministerio a estudar a recuperación da titularidade pública da AP-9 para que se convirta nunha vía gratuita, e a demandar á concesionaria da AP-9 un programa de descontos.

Rosana Pérez critica a orde do Ministerio de Fomento de incrementar nun 1,85% as tarifas das peaxes a partir do 1 de xaneiro de 2014. A deputada nacionalista considera que despois das subas aplicadas durante o 2012 e 2013, ao que se sumou o incremento do IVE, “non é de recibo que teñamos que iniciar o 2014 con máis incrementos de costes das autoestradas”.

Ademáis, a parlamentar do BNG pón de manifestó que “coa brutal crise económico como cenario de fondo, as autoestradas, e en concreto a AP-9 perderon un importante volumen de tráfico. No caso de Galiza, é a N-550 a que aumentou o volumen de tráfico como alternativa dos usuarios ás peaxes”.

A AP-9 debe ter un programa de descontos

A deputada do BNG sinala que “cada vez menos galegos e galegas poden pagar os 15,05 euros que custa o traxecto pola AP-9 entre A Coruña e Vigo, e que coa nova subida se situará en 15,30 euros. O traxecto completo de Ferrol a Tui custará máis de 20 euros”.

En xeral, subliña Rosana Pérez, as peaxes aumentaron cada ano por riba do IPC, a excepción do ano 2010 cando se conxelaron as tarifas”. Lembra que estos incrementos lle aportaron grandes beneficios ás concesionarias e que no caso de Audasa, recaudou máis de 1.434 millóns de euros entre 2003 y 2013”.

Rosana Pérez afirma que a AP-9 está máis que amortizada a estas alturas, e que precisamente o BNG leva anos demandando a Fomento que se recupere a titularidade pública desta autoestrada.

Outra das cuestión que a deputada nacionalista pón de relieve na súa proposición non de lei é o feito de que a AP-9 contiúe sen contar cun programa de descontos similar ao aplicado noutras vías de alta capacidade do estado. Recorda que Fomento só negociou con Audasa descontos no prezo das peaxes en relación ao tramo Pontevedra-Vigo. “A limitación dos descontos aos 30 quilómetros do tramo Pontevedra-Vigo é verdadeiramente insuficiente”.

Para Rosana Pérez os galegos e as galegas precisan descontos que comprendan diversas situacións como persoas desempregadas, pensionistas, profesionais do transporte, viaxeiros frecuentes ou persoas con discapacidades.”Cuns dados de paro alarmantes, o incremento do prezo dos combustíbeis e o aumento dos prezos das peaxes é moi difícil que galegos e galegas poidan circular por esta vía. O Goberno debería revisar as súas políticas que van directas ao peto dos consumidores”.