Rosana Pérez pide a comparecencia de Ana Pastor polo informe sobre seguranza ferroviaria
É hora de que falen no Congreso
Rosana Pérez considera que estamos ante unhas conclusións que proveñen dun órgao nada sospeitoso de anti gubernamental, xa que provén do propio Ministerio, e que supón outra mostra máis, xunto cos documentos que se están a entregar ao xuiz que leva o caso Alvia, de que houbo deficiencias e fallos nos dispositivos de seguranza do tramo Santiagou-Ourense.
A deputada do BNG acusa á Ministra de Fomento de agochar a cabeza debaixo da terra como os avestruces e practicar o silenzo que é a estratexia que o Goberno está a seguer. Son moitas as ocasións ao longo destes meses nas que pedimos a comparecencia de Ana Pastor e outros cargos de Renfe e Adif en relación ao sinistro do Alvia, pero aquí non ven ninguén.
Até agora, puntualiza Rosana Pérez, trascendían os informes e documentos que se están a presentar no proceso xudicial e que servían de argumento á Fomento para zanxar calquer explicación en base a que se trata do proceso xudicial, pero non pode eludir as súas explicacións en canto ao informe da Comisión científico-técnica. É hora de que acuda ao Congreso e se deixe de xogar ao gato e ao rato. A Ministra debe facer entrega das conclusións do informe aos membros da Comisión de Fomento e permitir que haxa un debate aberto e transparente.
A deputada do BNG tamén rexistrou a solicitude de copia do mencionado informe e a comparecencia do Presidente de Adif polas graves conclusións do perito xudicial do caso Alvia, quen asegurou que o terríbel accidente ferroviario de Angrois se tería evitado se non se tivese cambiado o proxecto orixinal no 2010, e que supuxo a rebaixa dos dispositivos de seguranza.