Rosana Pérez insta a Soria a dialogar con Alcoa e Megasa para evitar os despidos colectivos

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha proposición non de lei para ser debatida en pleno e en comisión que insta ao Ministro de Industria a promover un diálogo coa multinacional Alcoa e coa dircción de Megasa, para evitar que se materialicen os despidos colectivos anunciados por ambas empresas.

Rosana Pérez considera “vital que se manteñan os postos de traballo e a actividade industrial, de grande relevancia para a economía das comarcas nas que están asentadas”. Noutros puntos da iniciativa parlamentar, a deputada nacionalista pide a Soria a suspensión do novo sistema de interrumpibilidade eléctrica baseada en subastas, sistema que está a prexudicar a industrias de grande importanza como Alcoa A Coruña, Alcoa Avilés ou Megasa en Narón, entre outras empresas, “e que resta capacidade industrial aos territorios nos que están ubicadas e pón en perigo centos de postos de traballo”.

O Goberno debe aprobar unha regulación xusta e equitativa en relación ao consumo eléctrico das grandes industrias

Como alternativa, a deputada do BNG demanda que “temporalmente se volte ao sistema anterior mediante o cal se estabelecía un prezos según a potencia contratada para os grandes consumidores de enerxía”.

Rosana Pérez plantexa a Soria que se contemple unha regulación xusta e equitativa en relación ao consumo de enerxía eléctrica por parte das grandes empresas. A deputada do BNG empraza ao Ministro de Industrial a realizar unha reformulación de todo o sistema eléctrico que teña en conta “normativamente a condición de territorios como Galiza que son excedentarios en produción de enerxía eléctrica, e en consecuencia, contemplar medidas que lle permitan ter unha tarifa eléctrica propia, máis barata como xeito de compensar os danos pola explotación dos recursos naturais”.

Ademáis, a parlamentar do BNG presentou unha interpelación dirixida ao Ministro sobre os efectos negativos que a interrumpibilidade está a ter en industrias ubicadas na Galiza. Unha interpelación que será debatida en plenos vindeiros.

Rosana Pérez amosa a preocupación do BNG pola decisión de Alcoa e de Megasa de levar a cabo despidos colectivos, subliñando a necesidade de preservar e manter os traballos, e tamén a actividade industrial en comarcas xa “moi afectadas por unha alta taxa de desemprego como é Ferrolterra”. Alcoa en A Coruña da traballo a unhas 400 persoas, mentras que Megasa en Narón conta con 169 traballadores.