Rodas: Con estes orzamentos, o PP fere de morte a pesca e o medio rural
O deputado critica unhas contas para o 2014 que non apostan polo impulso dos sectores estratéxicos e condenan ao medio rural e a pesca a súa ruína
Daniel Rodas amosou hoxe a súa preocupación, tras a presentación dos orzamentos da Consellería de Medio Rural e Mar ao constatar que diminúe o gasto social e as políticas para impulso da economía produtiva galega, con estes orzamentos,afirmou, o PP fere de morte os principais sectores produtivos galegos.
Para o nacionalista, o descenso do 44 millóns de euros, 7,5% menos, confirma que a consellería de Medio Rural e Mar é a máis castigada e constata o desleixo do Goberno galego polos sectores estratéxicos.
O PP segue utilizando a propaganda para maquillar as contas
Non fan máis con menos nin son austeros, sentenciou, pero hai que recoñecerlle ao PP, a mestría para utilizar no seu favor a propaganda, o gasto corrente só descende nun 0,9 por cento, os investimentos nun 7,4 millóns de euros e as transferencias de capital, eses cartos que chegan ao produtores, transformadores, industria e promoción baixan 35 millóns de euros, con estas contas, afirmou, non apoian vostedes a política produtiva no noso País.
Rodas tamén se referiu a Pesca como o sector que goza das mellores condicións para xerar emprego e benestar pero contrariamente é no que máis postos de traballo se destrúen e máis barcos se desguazan ou se deben abandeirar noutros países da U.E. As súas medidas consenten e contribúen a esta situación e agora nos orzamentos do Partido popular non hai proxectos para o marisqueo, pesca artesanal, flota de altura nin para o sector industrial nin comercialización, vostedes, reprochou o nacionalista á titular de Medio Rural e Mar, só queren manterse no poder coa súa rede clientelar.
Os orzamentos para Pesca conducen o sector á liquidación
O deputado referiuse ao recorte de 36, 3 millóns de euros, un 43% menos, que non resolverá o esgotamento dos bancos marisqueiros, a caída de prezos e o abandono da actividade extractiva, desplomanse todos os investimentos da columna vertebral e si este ano xa vai mal, imaxínese o que ven.
A modernización en seguridade, rendemento enerxético dos buques, produtividade dos bancos marisqueiros, que futuro terán preguntou? Porque,a firmou, a perda de investimento vai en sentido contrario a resolver os males do sector pesqueiro:as mariscadores a pe ingresan menos de 600 euros, os mariscadores a flote abandonan a actividade, a partidas para formación reducen as contías, non se celebran eleccións democráticas nas confrarías e non se melloraron os accesos nin puntos de amarre en moitos portos, está dixo, é a verdadeira realidade do sector e non a propaganda que vostede nos regala.
Medio rural con brigadas de pantuflas
Sobre as políticas de loita contra incendios forestais no ano 2013 Rodas criticou o cambio suicida introducido pola consellería coa a volta das brigadas con pantuflas, a realidade, demostrou que os sucesivos recortes e eliminación de medidas preventivas contribuíron aos problemas do monte.
Para cando unha política de reordenación da propiedade forestal? porque non funcionan as UXFOR?, para cando a activación do banco de terras e sobre todo, para cando un modelo de monte que xere riqueza para tod@s os galeg@s e non só para as grandes empresas.
Finalmente, o deputado criticou a falta de orzamentos destinados a dotar de servizos básicos o medio rural e a falta de impulso da actividade produtiva no agro galego.