En resposta ao BNG, a Axencia galega de Infraestruturas comprométese a para iniciar as obras tras o derrube de parte da estrada que une Quiroga e Folgoso do Courel
Carme Aira lembrou que cederon 100 metros da vía principal interrompendo a comunicación con Folgoso do Courel e a zona norte da serra, as comunicacións por fibra óptica e que as crianzas puideran acceder ao centro escolar
Pide celeridade nas obras e responsabilidades á empresa da mina de pizarra polas galerías e corredores que pasan por debaixo da estrada e condiciona o terreo
A parlamentaria do BNG, Carme Aira acadou o compromiso do Director Xeral da Axencia galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez Iglesias, sobre a data e orzamento das obras de reparación tras o derrubamento de parte da estrada que une Quiroga e Folgoso do Courel.
Tras as preguntas da nacionalista, Menéndez Iglesias confirmou que darán comezo no mes de maio e rematarán no verán cun orzamento do 770.000 euros.
Na súa intervención, a deputada do BNG explicou que o domingo, día 20 de marzo derrubouse unha parte da estrada que une Quiroga con Folgoso do Courel, LU-651, e a vía principal de entrada a este concello. “Cederon uns cen metros de estrada sobre unha galería mineira” facilitando que o material caera sobre o oco e afectando ao asfalto” en cen metros máis e probablemente con máis “perímetro inestable”.
Que o derrube se producira en domingo e inverno evitou desgrazas persoais nunha estrada que vertebra o concello que une Monforte-Quiroga e Folgoso e Seoane ademais de ser a vía de entrada á canteira e saída dos camións con pizarra, dixo a deputada.
Neste sentido, sinalou que no punto quilométrico no que se produciu o derrube “atópase unha mina de pizarra, con galerías ou corredores que pasan por baixo
da estrada” que condiciona a estabilidade do terreo, e que é coñecida por tódolos actores institucionais responsables da viabilidade e seguridade desta vía de comunicación.
No ano 2006 SOS Caurel denunciou a “inseguridade para as persoas” derivadas das escavacións da canteira pero “nin o goberno do Estado nin a Confederación Hidrográfica” fixo pública a información do proxecto de restauración hidrolóxico forestal das áreas afectadas polas escombreiras de pizarra nas marxes dos ríos Redomás (ou Luruda). Unha vez máis, recalcou Carme Aira, “o rural e a montaña lucense vese abandonados” ante un o perigo para as persoas e o propio territorio. Só o azar, recalcou a deputada do BNG evitou “un drama humano na principal estrada do Caurel pola que pasan criaturas para escola e traballadores da propia canteira”.
Tras o compromiso do titular da Axencia Galega de Infraestruturas, Carme Aira tamén pediu responsabilidades á empresa mineira e cuestionou que a Xunta priorizara o arranxo do tramo “Seoane-Folgoso”, segundo confirmou a propia alcaldesa cando en realidade, afirmou nacionalista, “toda a estrada está afectada por fendas dende Quiroga con zonas completamente afundidas”.
A deputada amosou a súa satisfacción polo compromiso da Axencia Galega de Infraestruturas e afeou que a Xunta, no seu deu día, non dera todas as explicacións necesarias sobre as circunstancias do derrube da estrada.