Reparto expansivo: as alternativas do BNG, nas rúas de GZ

O BNG realizará este mércores un reparto expansivo por todo o país -as 7 cidades, as vilas cabeceira de comarca- do seu folleto informativo coas propostas alternativas do BNG para saír da crise. Este reparto prodúcese após unha intensa campaña explicativa da proposta do BNG de crear unha Banca Pública Galega, con reunións nas sete cidades galegas con axentes económicos, sociais e cívicos do país.

Militantes e cargos orgánicos e institucionais do BNG -Guillerme estará no reparto de Pontevedra, onde manterá un breve encontro cos medios de comunicación- tomarán parte desta nova iniciativa da formación nacionalista para espallar as súas alternativas en materia económica.

Lugares e hora do reparto nas sete cidades

VIGO 19hs Rúa Príncipe

A CORUÑA 20hs Estatua Surfistas. Paseo Marítimo

SANTIAGO 20hs Praza do Pan (Cervantes)

FERROL 20hs Praza de Armas

LUGO 20hs Rúa da Raíña

OURENSE 20hs Rúa do Paseo (diante do Banco de España)

PONTEVEDRA 20 h (Rúa da Peregrina).