Primeira reunión de traballo da nova Executiva nacional do BNG tras a XV AN

Primeira reunión da electa Executiva nacional do BNG

A nova Executiva nacional electa pola militancia na XV asemblea, que encabeza a portavoz nacional, Ana Pontón, mantivo a primeira reunión tras o conclave das bases celebrado na Coruña, co obxectivo de empezar a fixar un calendario de traballo para desenvolver os acordos aprobados pola militancia do BNG, que se espera estea listo para presentar no que tamén será a primeira xuntanza do Consello nacional prevista para este mesmo mes.

Na imaxe, e de esquerda a dereita: Xosé Manuel Marcote, Obdulia Deniz, Carme da Silva, Montse Prado, Alberte Mera, Nestor Rego, Rubén Cela, Noa Presas, Ana Pontón, Xosé Luís Rivas Mini, Goretti Sanmartín, Xosé Emilio Vicente, Olaia Ledo, Carlos Branco Ansoar, Raquel Suárez e Bieito Lobeira.