O PP vota en solitario o mandato marco da CRTVG rexeitado tres veces pola oposición
O portavoz do Grupo parlamentaria do BNG, Francisco Jorquera pediu retirar a proposta de votación do Mandato Marco da CRTVG por considerar que chegar a unha terceira votación é sintomático da ausencia de consenso e que vai ser só aprobado polos votos a favor do Partido popular.
O mandato marco da Compañía da Radio Televisión de Galiza foi aprobado hoxe en solitario polo PPdeG, en terceira votación, ante negativa dos grupos da oposición ao documento.
O PP secuestra a CRTVG
O portavoz parlamentario del BNG, Francisco Jorquera pediu a retirada do punto do día sobre a votación argumentando que chegar a unha terceira votación esixe repensar o documento e elaborar unha nova redacción". A presidenta da Mesa, Pilar Rojo rexeitou a petición do nacionalista sobre a alteración da orde día polo que todos os membros do grupo parlamentario do BNG erguéronse do escano exhibindo un cartaz baixo o lema O PP secuestra a CRTVG.
O mandato marco da CRTVG foi aprobado en solitario polo grupo maioritario do Partido popular.