O PP vota en contra da moción do BNG sobre Navantia e evidencia o desinterese polo futuro do naval
Deste xeito, o PP deixou en evidencia o seu desinterese por concretar un Plan de futuro para o naval público, e continuar coa súa política ambigüa e confusa, que no fondo só parece albergar un futuro de reestructuracións, sinala a deputada do BNG.
Rosana Pérez lamentou a actitude do PP que cualificou de hipócrita porque neste Parlamento temos que escoitar decote a Montoro demandar que arrimemos o ombreiro, pero cando presentamos iniciativas que precisan da anuencia de todos, que poderían ser obxecto dun pacto,atopámonos cun PP que tan só se amosa estranado de que levemos mocións así ao Pleno.
A deputada do BNG asegurou que queda evidenciada a existencia dunha estratexia no Goberno en relación a Navantia que é a do desinterese, a do abandono e a de evitar plans concretos que garantan a súa viabilidade futura. Prefiren as areas movedizas. Máis, afirmou Rosana Pérez, os traballadores do naval que onte sairon de novo a manifestarse polas rúas de Ferrol saben o que pasa, son conscientes de que non hai vontade política por arranxar as cuestións de fondo como o levantamento do veto sobre Navantia Fene, a construción do dique ou o saneamento da situación financeira da empresa.
A ninguén enganan por moito que continúen co marketing do flotel que non arranxa os graves problemas do naval público.
Lembramos que no Pleno do Congreso de onte mércores se debatiu a moción presentada polo BNG que instaba ao Goberno a adoptar un conxunto de medidas en pro dos estaleiros de Navantia. No debate xa ficou claro a falla de vontade do PP por acadar un acordo que sería bón para todos, empezando polos traballadores.