O PP volve rexeitar a iniciativa do BNG para que Feixóo explique as medidas contra a terceira onda da COVID
O viceportavoz do grupo parlamentar do BNG, Manuel Lourenzo reclamou hoxe, na xuntanza da Deputación permanente, convocar un Pleno extraordinario no que o presidente da Xunta compareza para informar das medidas adoptadas polo goberno contra a terceira onda da COVID-10, o plan de vacinación e as compensacións aos sectores económicos máis afectados.
O deputado pediu ao Partido popular que non continúe “vetando” a comparecencia de Feixóo na Cámara galego porque “ninguén en Galiza entende que o Presidente non acuda ao Parlamento” nunha situación de estrema gravidade e lamentou que, unha vez máis”, o PP non atenda esta demanda.
Lourenzo criticou a falta de información das decisións e restricións das que a cidadanía só ten coñecemento, dixo, a través dos medios de comunicación ou no mellor dos casos, no anunciou da rolda de prensa comparecencia de prensa do Presidente da Xunta.
O deputado do BNG reclamou celebrar os debates sobre a evolución da pandemia en Galiza “nos organismos regulados”. Por outra parte, fixo fincapé na necesidade de “reforzar” os servizos de atención primaria, incrementar os rastrexos, “ante o que se aveciña”, realizar cribados masivos nas cidades e concellos máis afectados e sobre todo, “un plan de vacinación de medios e persoal”.
A situación, require coñecer “a loxística” a seguir e os grupos parlamentares así como outras moitas administracións precisan desta información para poder sacar “adiante o noso país” nunha situación con consecuencias sen precedentes na historia. O nacionalista subliñou que a sociedade galega merece “unha resposta” sobre os protocolos, como será compaxinado o proceso co funcionamento ordinario nos centros sanitarios, cando será convocada a poboación para a vacinación e que expedientes médicos terán os e as doentes afectados polo coronavirus.
Na súa opinión, estas explicacións no aspecto sanitario e económico son responsabilidade do presidente da Xunta e urxe “información transparente” ante “a incerteza” polas novas medidas anunciadas por Feixóo.
Como é posible que no mesmo DOG sexan implementadas polo goberno medidas que non contemplan alternativas para paliar os efectos das restricións? preguntou.
Lourenzo avogou por unha postura unánime para “arrimar o ombro” e estar á altura deste momento histórico para que a sociedade perciba un “parlamento activo e implicado”.
Pola súa parte, o portavoz popular, Pedro Puy afirmou que o pleno solicitado polo BNG non pode celebrarse por unha cuestión técnica e de prazos ao que o nacionalista propuxo unha segunda reunión para debater a celebración do pleno extraordinario e a comparecencia do Presidente da Xunta.
A iniciativa do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.