O PP rexeita a proposta do BNG para regularizar as condicións laborais das subcontratas de telefonía
Montse Prado chama delincuentes ao PP por acubillar a delincuencia da patronal
A parlamentaria do BNG, Montse Prado defendeu hoxe rematar coas denigrantes condicións laborais dos traballadores e traballadoras dependentes das subcontratas das operadoras de Telecomunicacións.
Tras a intervención do portavoz do PP, Gonzalo Trenor, a deputada afirmou que as condicións laborais non están resoltas porque de ser así, os traballadores non estarían na miseria que lles impide chegar a fin de mes nin manterían unha folga de mes e medio.
Prado lembrou un encontro recente no tren coa muller dun traballador dunha subcontrata que lle dixo, non podo crer que o Partido popular use os votos que lles damos para apoiar ás empresas que fan isto con nós e explicou que tivo que mercar unha tapper ao seu home para que comera xa que a maioría das noites volvía a casa sen comer porque o salario non alcanza e non temos para darlle de comer aos fillos.
Prado chama delincuentes aos deputados/as do PP por votar en contra dunha solución
Esta, dixo a nacionalista, e a realidade que hoxe denunciamos aquí, a situación de persoas concretas, con nomes e apelidos e vostedes van a premer o botón para rexeitar a iniciativa do BNG pero sobre todo, para impedir que a consellería tome cartas no asunto. Votarán que non a que a conselleira sente na mesma mesa cos traballadores e a empresa e os obrigue a mudar as condicións laborais porque reciben cartos públicos. Van votar que si, recalcou a escravitude desas condicións, son vostedes uns delincuentes porque os que acubillan a delincuencia da patronal, repetiu, son uns delincuentes. Non teñen perdón, miran para outro lado e permiten que a empresa sega ingresando beneficios millonarios mentres os traballadores no teñen para chegar a fin de mes.
PP permite condición denigrantes dos traballadores e defende os beneficios das empresas
Eu sabía da súa insensibilidade, dixo a deputada, pero nunca crin que chegaran ao estremo de permitir unha folga de traballadores durante medio e medio, non teñen ningún perdón.
A deputada do BNG lamentou que os traballadoras e traballadores das subcontratas nos se encontraran na tribuna de convidados para presenciar o debate tras a prohibición da presidenta do Parlamento que coida que o Parlamento é a súa finca particular.
O PP tamén votou en contra da iniciativa defendida onte no Congreso pola deputada do BNG, Olaia Fernández Davila
Prado lembrou que a iniciativa do BNG tamén foi debatida onte no Congreso pola deputada nacionalista, Olaia Fernández Davila e que foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.
A deputada salientou que os traballadores esixen que se cumpran os convenios para combater a precariedade laboral e o gravísimo deterioro das condicións laborais. Demandan que se restrinxa a contratación en cadea, as contratacións como falsos autónomos ou a constitución dunha sociedade limitada formada por unha soa persoa. Os traballadores deben aboar os gastos de transporte, hai que rematar co salario por puntos que de non cumprirse reciben penalización, traballan 10 e 12 horas e nos fins de semana e cobran escasamente entre 800 e 600 euros.