O PP rexeita paralizar o castastro no Medio rural
A deputada, Tereixa Paz reclamou manter a exención do IBI para as instalacións necesarias na actividade de explotacións agrarias ou gandeiras. A parlamentaria afirmou que cando aparezan na relación de bens catastrais todos os galiñeiros, galpóns e alpendres, os gandeiros van parecer Amancio Ortega.
A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz reclamou hoxe, na comisión de Agricultura, a través dunha Proposición non de lei, paralizar o catrasto no medio rural, manter a exención de tributación do IBI para as inhalacións necesarias para a actividade dunha explotación agraria ou gandeira, solicitar a revalorización dos bens inmobles co seu valor real e que en ningún caso, sexa imputado aos propietarios no proceso de revalorización, pagos correspondentes aos catro exercicios anteriores.
A proposta defendida pola deputada contou co apoio dos grupos da oposición pero foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.
Tereixa Paz puntualizou na súa intervención que o BNG considera que é necesario actualizar a relación de bens inmobles existentes pero sen que este proceso constitúa novos trabucos para as persoas afectadas.
A parlamentaria salientou que resulta curioso que o Partido popular presente como únicas medidas de loita contra a fraude fiscal as que afectan gravemente aos traballadores e traballadoras e resto de cidadáns mentres os Bárcenas, paraísos fiscais e sicavs campan as súas anchas. A deputada reiterou que esta medida ademais de afectar á tributación de bens inmóbeis, excluíra aos fillas e fillas dos labregos e persoas que viven no medio rural do dereito a percibir bolsa de estudo, cando aparezan na relación de bens catastrais todos os galiñeiros, galpóns e alpendres van parecer Amancio Ortega.
A deputada recalcou que a pesar de non ser competencia da Xunta, reclamou que o Goberno galego debe ser contundente ante os Estada para que se resolva esta grave situación.