O PP opúxose á proposición do BNG para facilitar o acceso aos fármacos novos da hepatite C
A deputada do BNG negociou até última hora con todos os grupos parlamentares, incluído o grupo popular, un acordo transaccional que incluía outros aspeitos como a necesidade de coordenar na UE unha posición común para rebaixar o prezo abusivo destes medicamentos, anular as restricións sobre o acceso para persoas infectadas en situación grave, publicar xa a Guía de Estratexia Terapéutica dos novos fármacos, abordar en colaboración coas CC.AA un Plan de Acción fronte á Hepatite C ou o incremento da dotación para este tema nos Orzamentos. Mália o consenso acadado polo BNG, a iniciativa non fructificou debido ao desacordo do PP que cos seus votos en contra impediu a aprobación do texto.
Na súa intervención, Rosana Pérez sinalou que desde que a Axencia Europea do Medicamento aprobou o sofosbuvir, hai case un ano, temos que enfatizar que as condicións de acceso aos fármacos están moi restrinxidas, o que provocou o malestar dos afectados e tamén dos profesionais sanitarios. Destacou Rosana Pérez o grande universo de afectación de hepatite C, con persoas afectadas que nin o saben.
Unha doenza silenciosa, miles de persoas descoñecen que teñen hepatite C
Neste sentido, subliñou que no estado español calcúlase que entre o 2 e o 3% dos doentes non sabe que ten hepatite C, convertíndose en transmisores sen sabelo, e que lles provoca o desenvolvemento de graves doenzas como a cirrose ou cancro. Salientou que no estado español existe unha alta relación de trasplantados hepáticos debido a infecións virais, como é o caso do que estamos a falar.
Rosana Pérez chamou a atención sobre os novos tratamentos que teñen unha alta taxa de curación, a hepatite chega a curarse totalmente. Son polo tanto, fármacos moi eficaces que poderán modificar o panorama da hepatite C e podería reducir de maneira relevante o universo de afectados. Máis, lamentou as duras restricións de acceso impostas, e aínda que somos conscientes do alto custe económico dos tratamentos, desde o BNG consideramos que non se pode escatimar gastos á hora de tratar doenzas graves.
Hai que mellorara o acceso e facilitalo
A deputada do BNG afirmou que desde que o Ministerio incluiu este tipo de fármacos no Catálogo, retrasou moito a publicación do Informe de Posicionamento Terapéutico (IPT), aínda se fixo público onte, e que contempla as bases a seguer polo médicos á hora de recetar os fármacos. Pero non contempla a dosificación dos medicamentos par enfermos que están na primeira fase da doenza, cando consideramos que se debería aplicar desde o inicio da enfermidade a fin de atallala e para reducir custes posteriores.
Rosana Pérez criticou que o IPT deixe a moitos afectados fóra dos tratamentos, algo que se debería correxir. Reprochou ao Ministerio de Sanidade que aínda non publicase a Guía de Estratexia Terapéutica para a hepatite C. Xa retrasaron moito o IPT, e non entendemos a que están esperando para publicar a Guía. Para a deputada do BNG é moi importante garantir un acceso igualitario, por iso puxo especial énfase na necesidade de que o Goberno aumente a partida destinada nos Orzamentos a esta cuestión.
A deputada do BNG fixo especial fincapé na necesidade de que o acceso aos novos fármacos non dependa dos fondos estrangulados das CC.AA e se garanta suficiente dotación económica.