PP opónse á proposición do BNG que pedía licenzas obrigatorias para fabricar fármacos da Hepatite C
Ademáis, a deputada do BNG demandaba unha atención urxente ás persoas afectadas polo virus da Hepatite C que se atopan en fase 3 e 4 a fin de que poidan acceder canto antes aos novos tratamentos. Outra das peticións do BNG era que se revisasen os estrictos criterios fixados polo Ministerio para o acceso aos novos fármacos a fin de aumentar o universo dos beneficiarios.
Lamentabelmente a proposición do BNG non prosperou debido ao voto en contra do PP, a pesar de receber o apoio das demáis forzas parlamentares.
Na súa intervención, Rosana Pérez, lembrou que desde que hai un ano a Axencia Europea do Medicamento autorizara o Sofosbuvir, morreron máis de 4.000 enfermos de Hepatite C. Acusou ao Goberno de insensíbel e de practicar continuos enganos que levaron a miles de afectados a manifestarse nas rúas, sendo un dos exemplos más dolorosos das consecuencias do desmantelamento da sanidade pública que fixo este Goberno.
Puxo en valor as movilizacións realizadas polos afectados porque foi a intensa movilización social a que evidenciou como nunca que os recurtes matan de verdade e o que obrigou ao Ministerio a inventarse a elaboración dun novo Plan Estratéxico para a Hepatite C que se presentou a finais de febreiro. Un Plan, puntualizou, que os afectados puxeron en cuestión, e que segundo o Ministro atenderá a 52.000 peroas coa afección F2, F3 e F4 en tres anos cun custe de 727 millóns, que non conta cunha partida orzamentaria específica como pedían as CC.AA e as asociacións.
Criticou o Plan do Ministro porque atender a 52.000 persoas en tres anos cando a Plataforma Estatal de Afectados cifra en 170.000 as recoñecidas polos hepatólogos que non teñen a medicación necesaria para a súa curación, e cando a Asociación Española para o Estudo do Fígado cifrou a necesidade de tratamentos urxentes en 30.000 só para este ano, para esta viaxe non facían falla estas alforxas, nin comité de expertos nin novos criterios.
Tildou o Plan do Ministro de insuficiente en todos os aspeitos, incluido o financeiro.
Reprochou ao Goberno as restricións porque o acceso aos fármacos segue sen respostar a criterios exclusivamente médicos porque sempre están supeditados aos economicistas. Rosana Pérez falou dun caso concreto que en febreiro de 2005 foi trasplantado. Solicitou tratamento con Sofosbuvir por uso compasivo en xaneiro de 2014 e se le autoriza en febreiro dese ano. É trasplantado por segunda vez no verán de 2014, mentras segue agardando polo tratamento, voltou a solicitalo e a día de hoxe continúa sen o fármaco.
Utilicen a Lei de Patentes e emitan licenzas obrigatorias
A deputada do BNG afirmou que exemplos así poñen en evidencia a vontade do Goberno nunha cuestión que ten graves consecuencias. A realidade segue demostrando que non todas as persoas que o precisan teñen acceso aos fármacos.
Explicou que segundo o artigo 90 da lei, o Goberno podería mediante Real Decreto someter unha patente xa otorgada á concesión de licenza obrigatoria. Así, sinalou, podería autorizar a un laboratorio para producir Sofosbuvir ao prezo que estabeleza e pagaría a Gilead unha porcentaxe deste prezo en concepto de licenza. E engadiu que a emisión de licenza está amparada en documentos sobre comercio internacional e se fixo noutros países.
Para Rosana Pérez resulta incomprensíbel que con esta normativa na mán, o Goberno non a aplique e siga supeditando a vida dos seus cidadáns aos intereses e aos beneficios das multinacionais. Por iso, recalcou, pedimos que se inicien os trámites para emitir licenzas obrigatorias.
Outra cuestión á que fixo referencia é á do prezo dos fármacos. O Ministerio continúa agochando o prezo pactado coas compañías farmacéuticas para os distintos anti virais. Rosana Pérez reprochou ao Ministro a opacidade neste tema e pediu transparencia. Demandou medidas que deteñan as políticas especulativas das farmacéuticas. E para iso, recalcou, é necesario que o Goberno utilice os mecanismos legais ao seu alcance.
Aludiu en concreto á emisión de licenzas obrigatorias para fabricar o Sofosbuvir no estado español que permite a Lei de Patentes en vigor e a nova en tramitación.
A deputada do BNG aceitou unha emenda de incorporación de CIU pero rexeitou a do PP porque propuña a substitución dos nosos tres puntos pola aprobación por parte do Goberno dun Plan Estratéxico, obviando todo o demáis.