O PP opónse á proposición do BNG para unha Comisión de Accidentes Ferroviarios (CIAF) independente
En cambio, a proposición do BNG recibiu o respaldo do resto de grupos parlamentares presentes na Comisión.
Na súa intervención, Rosana Pérez explicou a iniciativa do BNG rexistrada o pasado 2 de agosto a raiz do sinistro do Alvia do 24 de xullo. As causas do accidente seguen sen esclarecerse. Con motivo do proceso xudicial cada vez hai máis elementos, e ante iso, o Ministerio de Fomento fai o contrario do que dixo a Ministra. Poñen continuos obstáculos e impedimentos á investigación policial e xudicial. O xuiz imputa día si e día tamén a altos cargos de Fomento, mentras o Ministerio fai unha obstaculización clara do esclarecemento das causas.
A CIAF non debe ter sesgo político
A deputada do BNG lembrou que o CIAF está formada por un Presidente, 5 vocais e un secretario. Todos nomeados polo Ministerio de Fomento. O mandato do CIAF rematou en marzo pasado máis é o órgao encargado de investigar os motivos do tráxico accidente de Angrois.
A parlamentar nacionalista defendeu a necesidade de máis transparencia no CIAF, e os membros desa Comisión non poden estar vinculados a un sesgo político. Para Rosana Pérez as persoas que compoñen a CIAF deben ser independentes para evitar calquer sombra de dúbida en accidentes como o de Angrois. E coidamos que o actual sistema de nomeamento non o garante.
A transaccional do PP insistía no nomeamento por Fomento
O grupo popular presentou unha emenda transaccional defendida polo deputado galego, Guillermo Collarte, que a deputada do BNG rexeitou porque en conclusión continuaba deixando nas máns de Fomento a decisión dos nomeamentos cando o BNG propón que: o presidente e o secretario sexan nomeados polo Pleno do Congreso a proposta da maioría dos grupos. Que os vocais sexan nomeados a proposta das organizacións profesionais ou ben a proposta do Consello de Universidades. E por último, que a secretaría da CIAF pase a estar formada por personal técnico e administrativo non pertencente a Fomento.
Rosana Pérez reprochou ao PP de estar propondo precisamente o contrario do que nós plantexamos. Pedimos maior independencia e o PP continúa insistindo en nomeamentos por parte de Fomento.