O PP opónse á iniciativa do BNG para que se retire a proposta de eliminar todos os partidos xudicias
Na súa intervención para explicar a proposición non de lei do BNG , Davila criticou o informe da Comisión de Expertos, encargado polo Ministerio de Xustiza sobre a reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, porque contempla un modelo provincial no que todos os partidos xudiciais se supriman e a sede se concentre nas capitais de provincia.
A portavoz nacionalista desbotou a emenda presentada polo PP porque era ambigüa, non se pedía a retirada da proposta e non ofrecía garantías da permanencia dos partidos xudiciais en importantes cidades galegas que non son capital de provincia.
Pode estar Vigo, Ferrol ou Santiago sen partido xudicial?
Davila afirmou que a proposta porque faría desaparecer todos os partidos xudiciais de ámbito inferior para concentralo en partidos xudiciais provinciais, ademáis de desprazar as segundas instancias aos Tribunais Superiores de Xustiza, alonxando a xustiza dos cidadáns.
Para a portavoz do BNG, e en liña coa idea de reforzar a administración local, o Goberno se empeña en reforzar as provincias. Censurou a idea de modernización do Goberno porque profesionais do ámbito da xustiza agardaban por unha modernización das demarcacións xudiciais pero non por unha reducción a unha única sede.
Alertou no pleno sobre as negativas consecuencias para a cidadanía: alonxamento da xustiza, encarecemento e inaccesibilidade a un servizo público básico. E reprochou ao Ministerio que lonxe de rectificar, pretenda dificultar aínda máis o acceso á xustiza iniciado coa implantación das taxas xudiciais. Advertiu Davila que cidades do tamaño de Vigo, Ferrol ou Santaigo, e municipios de dimensións relevantes se verían privadas de partidos xudiciais, o que levará a un auténtico caos.
Davila puxo de manifesto a posición contraria do BNG a unha reforma deste calibre porque o camiño non é a reducción de xulgados en Galiza. De feito, explicou no Pleno, o territorio galego precisaría de máis xulgados, incluso unha revisión da demarcación de planta xudicial que teña en conta os cambios demográficos das últimas décadas, sobre todo para que se estabelezan máis xulgados en cidades e vilas con aumentos de poboación significativos.
A portavoz do BNG insistiu nos problemas que a reducción e centralización de xulgados provocará na cidadanía.
Para Davila o informe contén unha visión centralista da administración de xustiza. Desde o BNG consideramos que se debe ir cara a transferencia ás CC.AA da competencia sobre a demarcación e planta xudicial, en lugar de ir na dirección contraria.
Asemade, expresou a preocupación pola afectación no emprego público. Preocupa que recorten as plantillas de traballadores públicos, expulsando ao paro a miles de traballadores do sector público e aumentando o paro. Criticou a deputada do BNG o empeño do Ministerio de Xustiza por empiorar o dereito de acceso á xustiza, asentando unha xustiza para quen a poida pagar. Lembrou o tasazo e advertiu sobre os propósitos do Ministerio en relación aos Rexistos Civís.
Lembrou que en Galiza todo o ámbito da xustiza se posicionou en contra deste anteproxecto porque só servirá para empiorar a xustiza.