O PP non quere que o goberno da Xunta elabore un inventario dos bens espoliados pola familia Franco
Ademais, reclamou elaborar un inventario de propiedades mobles e inmobles espoliadas no que figure a súa procedencia, a propiedade orixinal, o método de adquisición ou apropiación, os valores históricos, artísticos e culturais, o valor económico estimado, a situación actual e as entidades ou persoas lexitimadas para a súa recuperación, ao que sumou unha avaliación dos beneficios obtidos pola familia Franco como consecuencia da venda daqueles bens que foron adquiridos de “maneira ilícita ou fraudulenta.”
A iniciativa do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular suscitando un bronco debate entre o parlamentario do BNG e o portavoz popular, Alberto Pazos Couñago.
A sociedade, afirmou Bará quere “saber a verdade e facer xustiza” pero vostedes queren tapalo e non o van a conseguir. Hai que facer unha política de Memoria histórica, esa memoria que o Partido popular quixo demoler e botar abaixo durante catro anos. “Son vostedes combatentes do bando do esquecemento” e “cómplices do espolio”.
Tras a intervención do nacionalista, o portavoz popular, Pazos Couñago trasladou unha queixa ao presidente da mesa da comisión pedindo a retirada dalgúns termos utilizados por Luís Bará que non aceptou a petición e se negou a retirar as súas palabras.