O PP impide no Congreso a aprobación da proposición do BNG para suprimir as deputacións
O PP impediu esta tarde que o Pleno do Congreso aprobase a proposición de lei do BNG que pedía reformas legais encamiñadas a suprimir as deputacións provinciais. A proposta do BNG recibiu o apio de todos os grupos agás do PP.
A deputada do BNG, Rosana Pérez, explicou que o obxetivo do BNG é modificar a actual lexislación de réxime local. Un cambio legal que sería o paso previo antes de acometer a definitiva supresión das deputacións provincias, e pasar a maioría das funcións e servizos destes entes aos concellos e ás CC.AA.
Unhas razóns, subliñou, que teñen máis sentido aínda dadas as intencións do Goberno de reformar a administración local, un anteproxecto que provocou un aluvión de críticas. Lembrou que se trata de organismos creados no século XIX creadas para unha aplicación uniforme da acción política do poder central, algo que en pouco se diferenza da pretensión centralizadora do actual Goberno coa reforma local.
Para que valen?
Rosana Pérez puxo de manifesto que após de 1975, e coa posterior construcción dun novo sistema institucional, co reparto competencial entre as CC.AA, paradóxicamente aínda non se afrontou o tema das deputacións. Criticou que no Estado español convivan até 5 níveis administrativos diferentes que fan ineficiente a acción administrativa e irracional a utilización dos recursos públicos.
As deputacións entran de cheo en competencias otorgadas ás CC.AA que provocan duplicidades e desequilibrios, afirmou a deputada do BNG. O que é pior, en moitos territorios sirven para alimentar e reproducir un clientelismo político inaceitábel, funcionan a base de favoritismo no reparto dos recursos públicos e é o pior exemplo da xestión oscurantista, de desmedido despilfarro e exceso de burocracia.
Ourense o pior exemplo
Mencionou a deputación de Ourense, que é a principal empresa empregadora de toda a provincia e por como se fixeron as contratacións, é polo que está imputado por prevariación o popular José Luis Baltar.
Dirixiuse ao PP para que se abandone a demagoxia do discurso en contra das CC.AA. E engadiu que as razóns polas que o PP se nega sistematicamente a suprimir as deputacións son únicamente ideolóxicas, xa que non hai argumentos económicos que os avalien.
Puxo de manifesto que as deputacións de réxime común xestionan perto de 7.000 millóns de euros anuais. A maior parte, máis do 63%, vai a gastos correntes, así que son as administracións que menos adican a investimento. Ademáis, sinalou que non teñen autonomía financeira porque teñen unha escasa capacidade para ter ingresos propios e a súa dependencia do financiamento do Estado e das CC.AA é case do 100%.
A deputada do BNG concluiu que se trata de entes ineficientes e burocráticos. Para Rosana Pérez resulta incomprensíbel que en tempos nos que as CC.AA teñen ver mermados os seus recursos para sanidade, ensino ou servizos sociais, se vexan privadas de parte deses recursos. De igual modo que sucede cos concellos.
A parlamentar nacionalista fixo unha excepción coas deputacións forais ou insulares, que son realidades singulares que requiren un recoñecemento específico.
Non se pode seguer exixindo austeridade até límites insoportábeis aos cidadáns nen peder ás Administracións que se apreten o cinto até obligalas a atender servizos públicos, e obviar esta reforma. Criticou a reforma local que está a facer o Goberno e que consagra as deputacións.
Porén, o BNG considera que as funcións e servizos das deputacións se deberían trasladar aos concellos ou ás CC.AA cun custe menor para os administrados.