O PP bloquea crear unha Comisión para investigar o accidente de Angrois

Jorquera afirma que “as vítimas non queren falsos pésames nin abafadas homenaxes, queren xustiza”

Despois de ler unha conmovedora carta dunha nai das vítimas no accidente da Angrois de agradecemento a todas aquelas persoas que colaboraron e de crítica aos que desfilaron e colocaron ante ás cámaras para “facerse ver”, as vítimas de Angrois, dixo Jorquera “piden non ser abandonadas”.

No debate para decidir a creación dunha comisión de Investigación sobre o accidente ferroviario, a petición do BNG e AGE, Francisco Jorquera indicou que o Parlamento non pode lavarse a cara coas bágoas das vítimas e dos veciños de Angrois.

Unha vez máis, o Parlamento non deu luz verde a investigar o accidente tras ser rexeitada a solicitude de BNG e AGE polo Partido popular e a abstención do PSdG.

 O BNG reclama que as vítimas non sexan abandonadas

Francisco Jorquera lamentou o voto desfavorable do Partido popular e criticou que mentres o Sr. Feijóo comete “o atrevemento “ de invocar o espírito de Angrois, no Debate do Estado da Nación, “usando ás vítimas como parapeto” hoxe no pleno, o PP rexeita crear unha comisión de Investigación sobre as causas do accidente e a depuración de responsabilidades políticas se as houber.

Para o deputado, se o Parlamento galego quere comprometerse co “verdadeiro espírito de Angrois debe contribuír a que haxa xustiza” e para isto é necesario investigar e coñecer a verdade.

Na súa intervención, o nacionalista aludiu ao informe do Colexio de de Enxeñeiros de Telecomunicacións advertindo no ano 2006 dos déficits de seguridade nalgunhas liñas de alta velocidade, vendéronnos unha Harley que resultou ser un vespino, dixo e “estamos ante un problema de recortes que recortan vidas”, sentenciou.

Responsabilidades política coas vítimas, familares e sociedade galega

É unha obriga ética e política coas vítimas e os seus familiares e co conxunto da sociedade galega, dixo Jorquera, “coñecer a verdade” polo que “volvemos a solicitar unha comisión de Investigación”.

Jorquera esixiu que Feijóo cumpra a súa palabra nunha das homenaxes ás vítimas na que afirmou que o Goberno galego buscará a verdade sobre as circunstancias do accidente ferroviario de Angrois.