Pontón pide máis seguridade ferroviaria e acusa ao PP de esquecer ás vítimas

A deputada Ana Pontón reclamou con “carácter de urxencia” garantir a seguridade no trazado Ourense- Santiago e lembrou que o 24 de xullo perderon a vida 79 persoas, unha traxedia que debe ser investigada para coñecer as causas reais e evitar que se volva a repetir

 A deputada do BNG, Ana Pontón defendeu hoxe unha Proposición non de lei para garantir as condicións de seguridade nos trens que circulan por Galiza e impulsar a modernización ferroviaria.

A parlamentaria iniciou a súa intervención lembrando a maior traxedia ferroviaria en Galiza na que 79 persoas perderon a vida e na que se rexistrou un gran número de feridos. O sinistro, “conmocionou a todo o país” con graves secuelas para as persoas que o viviron e as familias que perderon algún ser querido. Dende o BNG, dixo, “amosamos o noso afecto e solidariedade ante tanta dor ”

Como responsábeis políticos temos unha responsabilidade, en primeiro lugar, “coa verdade” tan necesaria para a xustiza e para adoptar todas as medidas co fin de evitar que un accidente destas características se volva a producir.

O Partido popular esquece ás vítimas de Angrois

Neste sentido, fixo memoria do comportamento político , tras o accidente durante estes dous anos dos que salientou o compromiso da Ministra Ana Pastor que manifestou que prestaría toda a colaboración as dúas investigacións, xudicial e a Comisión de Accidentes ferroviarios. Isto eran, dixo a nacionalista, as palabras de Ana Pastor no Congreso dos deputados pero lamentabelmente, “nada dixo foi cumprido” e mesmo Fomento tentou “todo tipo de artimañas para que non se coñeza a verdade”.

O PP nega que se investiguen as causas reais do accidente ferroviario

O PP, “non apoiou unha comisión de investigación” e negou o dereito a coñecer a verdade. Impediu ir ao fondo para adoptar as medidas necesarias.Hoxe, nós traemos unha iniciativa rexistrada no mes de agosto do ano 2013, “poucos días despois da traxedia” e lamentablemente o que pediamos nese momento segue tendo vixencia.

Na iniciativa diciamos que no lugar no que se produciu o accidente non contaba co sistema de seguridade RTMS, un sistema que xestiona que non todo dependa dunha persoa e fíxose “para aforrar” moi poucos cartos nun proxecto de 2.000 millóns de euros” poñendo en risco a seguridade das persoas. Tamén denunciamos as medias de seguridade “non operativas” nese trazado así como a ausencia de sinais de advertencia de riscos nese “lugar maldito”.

A parlamentaria reclamou medidas de seguridade no ferrocarril galego e concretamente no trazado, Ourense-Santiago “isto debe garantirse” concluíu.

Pola súa parte, o portavoz do PP considerou que a investigación xudicial segue o seu rumbo e acusou ao BNG de “alarmismo” ao que a deputada respondeu que o que nos debe alarmar “é que se reduzan as medidas de seguridade do ferrocarril e se volva a producir outra traxedia.