Se poden votar @s astronautas, por que non pode facelo @s mariñeir@s e emigrantes?
Pontón: En EEUU os astronautas poden votar desde a lúa, e aquí os mariñeiros que están no mar ou os emigrantes que están na terra, non
Bará avanza que o BNG proporá unha modificación da Lei Electoral para evitar esta discriminación
Nun acto simbólico de denuncia no Porto de Vigo, -en referencia á exclusión dos traballadores do mar que non poderán votar se están en alta mar-, o Bloque reclama que se habilite un sistema de voto telemático con todas garantías que lles permita aos mariñeiros e aos residentes temporalmente fora do Estado elixir aos seus representantes nas Cortes do Estado.
@s astronautas que son cidadáns de EEUU permíteselles votar cando están na lúa, mentres que aos galegos e as galegas que estamos na terra ou no mar se lle impide o dereito efectivo ao voto, ilustraba a portavoz nacional, Ana Pontón, que se preguntaba por que segue pasando isto en 2016? É algo ao que ten que responder o PP, cando hai mecanismos como a sinatura ou o DNI electrónicos que permitirían o voto rogado con todas as garantías.
Pontón salientou a situación dos mariñeiros que están en alta mar en plena marea, -que directamente non poden votar por -, e tamén a das persoas obrigadas a emigrar fora do Estado fuxindo do desemprego, que teñen moitas dificultades para exercer o voto. Pode ser que aos señores do PP responsables desa emigración non lles interese que esas persoas voten, explicou Pontón.
A dirixente nacionalista tamén se fixo eco das denuncias de falta de persoal dos servizos de correo e do INE, encargados de xestionar o voto por correo para o 26X.
Luís Bará, que lidera a candidatura BNG-NÓS por Pontevedra, avanzou que proporá unha modificación da Lei electoral para que os mariñeiros de altura e da mercante deixen de estar discriminados. Estamos no século XXI e hai medios técnicos suficientes para facilitar o voto a este colectivo, con solucións como as xa adoptadas por outros países como Noruega ou Estonia, onde os mariñeiros poden votar nas mesmas circunstancias, explicou.Unha ida na que afondou a tamén candidata por Vigo, Ana Miranda, que ve inxustificable que miles de galegos e galegas non podan exercer o seu dereito a voto.