Pleno Congreso: o BNG rexeita a Lei de Caixas e pide a Guindos unha revisión da venda de NCG

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, explicou esta mañá no Pleno a rotunda oposición das nacionalistas galegas ao proxecto de Lei de Caixas de Aforros e Fundacións bancarias

Lembrou que o BNG desde o inicio do proceso rexeitou sempre a reestructuración financeira, “xa que os seus obxectivos son só a bancarización das Caixas e a centralización das competencias sobre o sector financeiro, que sitúan ás Caixas na órbita do Estado”.

Para a deputada do BNG “este proxecto de lei si aspira a que sexa definitivo o mapa resultante da reestructuración financeira, coa desaparición e integración en grandes bancos privados de múltiples Caixas de Aforros, sen posibilidade de retorno”.

Non hai solucións á Obra Social

Fixo fincapé no feito de que nen siquera se dean solucións ao problema como o do mantemento da obra social, que “entrará nunha difícil encrucillada ao limitarse o seu financiemento pola sucesiva integración das Caixas de Aforros en bancos de maior tamaño”.

Acusou a Guindos de traer unha lei “con afán recentralizador”. Este proxecto de lei, subliñou, “pretende pechar normativamente un proceso de reestructuración financeira que rematará cunha concentración bancaria sen precedentes no estado español”.

Revisen o proceso de venda de NCG

Reprochou ao Ministro de Economía que empreguen dúas varas de medir “en función dun interese centralista, xa que por un lado se salvan entidades sistémicas a nivel estatal e se lles permite manter a súa estructura e remontar o voó en solitario. Pero por outra, condénase á disolución noutras entidades de ámbito estatal a entidades procedentes das Caixas, e que son sistémicas para Comunidades Autónomas como Galiza, e como é o caso de “Novagalicia Banco”.

A portavoz do BNG pediu unha revisión a fondo do proceso en marcha para a venda de NCG, “evalúen o seu futuro como entidade propia de Galiza, vital para o desenvolvemento dos seus sectores productivos básicos, como se puxo de manifesto cos estaleiros, e como unha única garantía para asegurar a vinculación a Galiza dun instrumento financeiro propio”.

Esa debe ser la prioridad, en vez de presentar un proyecto de ley para culminar un proceso de concentración financiera que, en base a una visión centralista, abocará a la concentración del poder de decisión sobre la política de inversiones y créditos con graves repercusiones para el tejido económico de zonas periféricas del Estado.