Orzamentos 2013: O BNG pide 453 millóns máis para Galiza
As melloras para Galiza
O BNG pide un aumento das partidas para Galiza de 453 millóns de euros. Entre as propostas realizadas para mellorar as contías para o territorio galego está a solicitude de 125 millóns para a construcción dun dique flotante en Ferrol. 47 millóns para o Acceso ao Porto Exterior de A Coruña, 15 millóns para a ampliación da AP-9 no tramo urbano de Santiago, 10 millóns para o Eixo Atlántico Ferrol-A Coruña, 10 millóns para o Eixo Atlántico Vigo-fronteira portuguesa.
As deputadas do BNG propoñen que 658.000 euros máis para a RAG (Real Academia Galega), 30 millóns para un Plan de Desenvolvemento Industrial na Galiza, 20 millóns para o Fomento Industrial auxiliar naval, 25 millóns para o Plan Lácteo, 10 millóns para un Plan de Acción para o sector pesqueiro, 2 millóns para os afectados por paros biolóxicos na pesca, 15 millóns para un Plan de Desenvolvemento Rural, son algunhas das propostas máis destacadas que o BNG realiza nas súas emendas aos Orzamentos 2013.
Ademáis, Galiza se beneficiaría doutras melloras e programas que plantexa o BNG como o relativo a Políticas Activas de Emprego ou Tecnolóxicos e que aumentarían o orzamento para Galiza noutros 125 millóns.
Revalorización auténtica das pensións
O BNG plantexa a revalorización das pensións tomando como referencia o IPC real posto que a previsión inicial de aumentar un 1% supón unha conxelación encuberta. Pide que se compense aos empregados públicos pola perda de poder adquisitivo debido á supresión da paga extra de dicembro. Asemade, demanda o mantemento do emprego público como un modo de contribuir á creación de emprego.
Máis educación pública e 1.155 millóns para Emprego
En materia educativa o BNG propón aumentar as partidas para mellorar a Educación pública. 100 millóns para o Programa Educa3, 70 millóns para a gratuidade dos libros de texto, 800 millóns para a formación do profesorado, 150 millóns para bolsas e 20 millóns para a educación pública.
A mellora do financiamento da Lei de Dependencia é outra das demandas do BNG, así como partidas de 1.155 millóns de euros para Políticas Activas de Emprego.
Fiscalidade: máis esforzo aos que máis teñen
O BNG pide nas súas emendas aos Orzamentos unha reforma fiscal máis progresiva para as rendas de capital. Demanda a supresión do Réxime fiscal especial para os desprazados ao Estado español porque é inxusto que as millonarias retribucións de numerosos deportistas de alto nivel ou directivos de empresas tributen ao tipo fijo do 24%. Pide tamén a reforma das SICAV para evitar os notorios abusos das sociedades de inversión de capital variábel para que tributen máis. Outra das cuestións que o BNG pón sobre a mesa é a creación dun Imposto sobre grandes fortunas.
As deputadas do BNG demandan un Fondo especial de financiamento para os municipios con poblacións inferiores aos 20.000 habitantes.
Menos para a Casa Real e a Igrexa
A formación nacionalista galega plantexa a reducción e rebaixa do orzamento en capítulos como o da Casa Real, un 20% menos. Propón un recorte dun 35% na asignación tributaria á Igrexa Católica no IRPF coa finalidade de que a Igrexa participe no esforzo colectivo para superar a crise tal e como se rixo cos partidos políticos, sindicatos e patronal.