Olalla Rodil:"Feixóo ten que deixar de chorimicar e reclarmar por vía xudicial os impagos do Estado"
A viceportavoz do grupo parlamentario do BNG, Olalla Rodil afirma que “se Feixóo quere defender os intereses de Galiza debe deixar de chorimicar e reclamar por vía xudial o que o Estado non quere pagar”. Levamos meses reclamando desde o BNG que a Xunta active a vía xudicial pero Feijóo négase porque, no fondo, supedita os intereses de Galiza á estratexia política do PP en Madrid facéndolle perder tempo e cartos as galegas e aos galegos.
Rodil lembra que en setembro de 2019, o BNG defendeu no Parlamento galego recorrer á vía xudicial para reclamar do Estado a débeda con Galiza e o Partido Popular votou en contra da iniciativa nacionalista impedindo que prosperara.
“Galiza precisa un Goberno que faga algo máis que queixarse e mandar cartas”, recalca Rodil. Para a viceportavoz nacionalista, o debate de fondo é quen ten a chave dos cartos e quen decide sobre os impostos que pagamos todos os e as galegas e galegos.
Ao seu xuízo, esta situación pon en evidencia “un modelo de financiamento inxusto e insuficiente para Galiza que é preciso mudar”.