Galegas 2020

Olalla Rodil: “A Xunta ten que gobernar tamén para Lugo e non actuar como freo ás administracións locais”

Lugo

A candidata do BNG sinalou que “o novo goberno da Xunta ten que traballar coordinadamente con Concello e Deputación para que Lugo funcione”

“A Tinería, o Cuartel de San Fernando ou a confrontación política que o PP pretende coa entrega do Auditorio de Lugo son exemplos da necesidade dun cambio no xeito de gobernar a Xunta” afirmou Rodil

A parlamentaria e candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, afirmou en Lugo que “a partir do 12 de xullo darase o cambio que Lugo necesita para seguir avanzando e para que o goberno da Xunta traballe de xeito coordinado coas administracións locais lucenses”. Rodil estivo acompañada da vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, do Tenente-Alcalde do concello de Lugo, Rubén Arroxo, e de ediles e deputados provinciais do BNG e compareceu ante os medios de comunicación diante do edificio da Xunta en Lugo.

A candidata do BNG sinalou que “o novo goberno da Xunta ten que traballar coordinadamente con Concello e Deputación para que Lugo funcione” e engadiu “non pode ser que se utilice á Xunta de Galiza como un resorte para tratar de limitar o progreso de vilas, cidades e provincias que están gobernadas por forzas distintas ao partido popular”. “A Tinería, o Cuartel de San Fernando ou a confrontación política que o PP pretende coa entrega do Auditorio de Lugo son exemplos da necesidade dun cambio no xeito de gobernar a Xunta” afirmou Rodil.Olalla Rodil, puxo en valor o programa de goberno co que se presenta o BNG para facer de Lugo un lugar mellor no que vivir e traballar “xa puxemos en marcha un proxecto transformador da cidade dende a chegada do BNG ao gobernó municipal de Lugo, e agora toca dar ese paso facendo que a partir de xullo Ana Pontón sexa a primeira muller presidenta da Xunta de Galiza, un presidenta que goberne para todas as galegas e galegos”, explicou, “porque queremos unha Galiza que coa mesma velocidade no interior e na costa”.