Olalla Rodil: “O PP usa de coartada a Pardo Bazán para silenciar a figura do Ditador e o espolio ao pobo galego”
O BNG presenta un Plan de usos “dialogado, plural e participativo” do Pazo de Meirás
Rodil lamenta que, unha vez máis, o Partido popular impida comparecer ao Presidente da Xunta para explicar as medidas contra a posible terceira onda da COVID
Resulta “inaceptable” recalcou Rodil que continúe a campaña de “branqueo e ocultación da ditadura” que pretende levar a cabo a Xunta de Galiza e o Partido popular coa intención de que un dos períodos máis negros para este país pase como “unha anécdota polos xardíns de Meirás” e explicou que o Plan de usos proposto polo BNG terá en conta ao Concello da Coruña, Concello de Sada, Deputación da Coruña e o Movemento pola Recuperación da Memoria atendendo aos usos culturais, turísticos e históricos.
O plan de usos do BNG é un acto de xustiza democrática.
Tras a Xunta de portavoces para dar conta da orde do día dos vindeiros plenos de Orzamentos co debate á totalidade o lus 21 de decembro e o pleno ordinario dos días 22 e 23, Rodil avanzou que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón preguntará ao Presidente da Xunta polo balance da xestión do goberno galego da crise sanitaria, económica e social xerada pola COVID-19. Neste sentido, lamentou, que unha vez máis o Partido popular vetara a comparecencia de Feixóo como leva reclamado o BNG para explicar as medidas adoptadas para paliar as consecuencias sanitarias, económicas e sociais da pandemia pero tamén e, sobre todo, “que decisións vai tomar o goberno galego para evitar que neste país se produza unha terceira onda”.
Para a deputada o veto do Partido popular busca “agochar detrás dos conselleiros e conselleiras ao Presidente da Xunta” e pensan que a comparecencia da conselleira de Emprego e Igualdade é suficiente para dar conta do momento sanitario tan delicado, sobre todo ante a proximidade do do Nadal e ante a chegada da terceira onda no mes de xaneiro. Insistimos, que o máximo responsable político deste país “debe dar a cara e explicar que medidas vai tomar ante a terceira onda da COVID”, concluíu.