Olalla Rodil: "estamos a piques de facer historia e converter a Ana Pontón na primeira presidenta da Xunta de Galiza"
A candidata do BNG pediu “que este domingo ninguén quede na casa para traducir en votos o apoio recibido durante as dúas semanas de campaña”
"Este domingo votar ao BNG é rematar con 15 anos de recortes e esquecementos da Xunta de Galiza, un goberno do BNG traballará para todas as galegas e galegos", declarou Rodil
A cabeza de lista por Lugo, Olalla Rodil, pediu o voto ás persoas “indecisas e desencantadas con 15 anos de goberno do PP, un goberno que non mellorou a vida das galegas e galegos”. Rodil dixo que “para cambiar o rumbo do País precisamos precisamos o apoio de todas as galegas e galegos, transformar en votos todo o apoio recibido ao longo destas dúas semanas”. “Nestas dúas semanas de campaña demostramos que somos a única proposta que pode dar a volta os 15 anos de recortes do Partido Popular”, dixo Olalla Rodil, quen pediu o voto para o BNG “a todas as persoas que durante esta campaña viron no proxecto do BNG, con Ana Pontón á fronte, un proxecto serio, válido e ilusionante”.
"Non se trata só de botar ao Partido Popular, o BNG demostra onde goberna que sempre beneficia ás persoas, a toda a veciñanza", afirmou Olalla Rodil, que pediu o voto "de todos os galegos e galegas, independentemente do que votaran con anterioridade para levar adiante un proxecto capaz de sacar Galiza adiante”. Segundo Olalla Rodi, “o BNG é a garantía dun goberno que só mire para Galiza, sen ningunha dependencia de forzas estatais”.
A cabeza de lista por Lugo defendeu que o proxecto do BNG está máis cerca que nunca de facer historia e facer de Ana Pontón a primeira muller presidenta da Xunta de Galiza. "O domingo é o momento de apostalo todo ao BNG, abriremos un tempo novo para que Galiza empece a gañar” declarou Rodil.