Olalla Rodil: “Cando o BNG estivo no goberno da Xunta os libros de texto non se pagaban”
- Rodil mantivo unha xuntanza con representantes da FAPACEL, un colectivo que aglutina ás ANPAS da provincia de Lugo
- A candidata do BNG propuxo, para a vindeira lexislatura, “investir o 7% do PIB para o ensino público”
A candidata do BNG ao Parlamento Galego por Lugo, Olalla Rodil, mantivo unha xuntanza con representantes da FAPACEL (Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo). Esta xuntanza enmarcase dentro da serie de encontros que a candidata nacionalista está a manter con todos os sectores durante a precampaña para coñecer, de primeira man, as problemáticas que afectan aos diferentes colectivos.
Durante a xuntanza, Olalla Rodil, eplicou que “precisamos un plan específico para rural, no que aos profesionais do ensino se lles valore a súa implicación no mantemento das escolas rurais e do propio medio rural, adapatando o modelo educativo destes centros ás peculiaridades da vida no rural”. Rodil dixo que “ten que se ra Xunta quen implemente os mecanismos para que este modelo educativo, adaptado ao rural galego, sexa posible”.
Olalla Rodil propuxo, para a vindeira lexislatura, “investir o 7% do PIB para o ensino público”. A candidata nacionalista, tras denunciar os continuos recortes do Partido popular no sistema educativo, que sigue privilexiando aos centros privados fronte os públicos, avanzou as liñas do BNG en materia de educación das que dixo “inxírense dentro dun ambicioso plan de rescate dos servizos públicos”, investindo en educación que é o mesmo, remarcou, que “investir en futuro”. Neste sentido propuxo para a vindeira lexislatura investir “o 7% do PIB para o ensino público”, recuperar o profesorado recortado nestes últimos anos, “3.000 profesores e profesoras”, reducir as ratios dentro dos centros escolares e contar cun Goberno galego que “non aplique a LOMCE”.
Rodil manifestou que o BNG traballa por “un ensino laico, de calidade e con recursos” atendendo ás necesidades non só das zonas urbanas”. “A Xunta debe xestionar o servizo de comedor e garantir o transporte público en todo o país” polo que é necesario que exista unha lei que garanta o transporte escolar e elaborar unha “nova normativa de comedores” que garanta que o alumnado transportado teña dereito ao comedor escolar con prezos razoables para as persoas que non teñan dereito a gratuidade nos comedores.