Olalla Rodil: “O BNG no goberno da Xunta será un freo para evitar que os tratados do TTIP arrasen Galiza”
- Rodil explicou que o TTIP supón “a práctica eliminación dos dereitos laborais e o perigo de desaparición das nosas producións agrarias”
- Olalla Rodil dixo que “o Goberno Galego ten que ser un catalizador para sacar ao sector gandeiro no bucle no que se atopa”
A candidata do BNG, Olalla Rodil, dixo que “o BNG no goberno da Xunta será un freno para que os tratados do TTIP arrasen Galiza”. Durante unha visita a unha adega da Ribeira Sacra, a candidata do BNG sinalou que “as institucións deste país terán que poñerse do lado de traballadores e produtores, cousa que o PP non vai facer por que eles defende uns intereses moi diferentes aos das persoas”.
Rodil explicou que uns dos sectores máis afectados por estes tratados será o do viño e de todas as producións que están amparadas por indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe. A candidata do BNG salientou que “o sector vitivinícola é un dos máis importantes motores económicos do sur de Lugo” e engadiu “igual que pasou coa desaparición das cuotas lácteas, Núñez Feijoo e o seu goberno non teñen nada previsto, nin están informando aos produtores, nin saben o que se lles ven enrriba co TTIP”.
Para o Bloque Nacionalista Galego, os riscos que suporá a entrada en vigor do TTIP suporá a eliminación de barreiras arancelarias “se non se protexen as denominacións de orixe acabaremos no noso mercados con viño mencia, etiquetado como Ribeira Sacra, producido en California, e iso será un auténtico desastre para un sector tan importante na economía galega”.
Olalla Rodil tamén se referiu á Mesa do Viño, "unha iniciativa que fora posta en marcha polo BNG cando tivo responsabilidades de goberno na Xunta, pero que foi desactivada polo PP tras a chegada de Feijóo á Xunta. Durante a visita, na que a candidata do BNG estivo acompañada polo edil do BNG en Taboada, Xosé Antón Ledo e polo voceiro do BNG en Chantada, André Sánchez Lavandeira, os nacionalistas puideron comprobar como as iniciativas postas en marcha no medio rural e vencelladas a producións de calidade son viables.