Noa Presas: O PP non pode seguir ignorando o caso que afecta a Baltar pai e a Baltar fillo"
Despois de coñecer a decisión da titular do Xulgado de Instrución número 3 de Ourense de investigar a José Luis Baltar, ex presidente da Deputación, polos presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias no marco da investigación aberta pola denuncia dunha muller que acusa a Manuel Baltar, fillo do anterior e actual presidente da Deputación, a candidata recordou que fai máis de medio ano que saltou o caso e continuamos sen resposta xudicial e política, máis alá do que o asunto revela sobre a necesidade de aumentar os recursos dos xulgados e dotar de medios á Xustiza para que poida resolver con axilidade, non é aceptable que o PP continúe sen dar explicación nin haxa dimisións nas súas filas. Por respecto a Ourense, Manuel Baltar debería ser apartado da Deputación.