Noa Presas ao PP: “Deixa de mentir e iniciade as obras de reaperuta da base de Vilanova no Barco”
Noa Presas instou a Fernandez Couto a cumprir o acordo parlamentario para activar o dispositivo do helicóptero contra incendios e activar a operatividade da base
A deputada do BNG, Noa Presas formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre as razóns pola que segue inoperativa a base de helicópteros de Vilanova, no Barco de Valdeorras a pesar do acordo parlamentario para poñela en marcha.
Presas tildou de “insultante” o desleixo da Xunta de Galiza despois dun ano e transcorrida toda a temporada de alto risco de incendios. A Xunta, dixo Presas segue “dando largas” a pesar de afirmar que as obras serán de maneira inmediata pero constatamos que “prorrogan unha e outra vez as súas promesas” polo que instamos ao responsable de Política forestal, Tomás Fernandez Couto “que deixe de mentir e acometa canto antes as obras necesarias”.
Para a parlamentaria do BNG, a intervención de Fernández Couto na comisión celebrada no Parlamento galego confirmou que o BNG foi o impulsor do acordo parlamentario sen o cal non habería información sobre este asunto e todo permanecería paralizado.
Presa cualificou de “reprobable” a actitude de Fernández Couto e reiterou que a base debe ser recuperada porque a súa inoperancia no ano 2018 representa unha grande perda de tempo e actividade e advertiu que afortunadamente, “non se produciu ningunha traxedia”. Xunta debe ser responsable e non agardar a que esa traxedia se produza, avertiu.