Congreso

Néstor Rego reivindicará no Congreso o saneamento da contorna do Espazo Natural de Baldaio

Baldaio
Baldaio
O deputado do BNG visitou o concello de Carballo para ver persoalmente onde se investirán os recursos acadados

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Néstor Rego, visitou o concello de Carballo para ver de primeira man onde se investiron os fondos acadados polo BNG anos atrás, cando tiña representación no Congreso. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acompañou o deputado por diferentes localizacións do municipio para mostrarlle como se transformou e modernizou por completo o mercado ou a construción da nova biblioteca Rego da Balsa, punto de encontro da mocidade deste municipio.

Tamén se lle trasladou o deputado dende o goberno municipal, a necesidade urxente de presentar unha iniciativa parlamentaria para o saneamento da contorna do Espazo Natural de Baldaio. Un cordón de máis de tres quilómetros de dunas (algunhas delas de até 20 metros) une Baldaio coa praia de Razo, conformando no seu conxunto un dos areais máis extensos de Galiza, que nestes momentos se está anegando por completo. O deputado Néstor Rego salientaba que debido a situación delicada da lagoa “hai que actuar con prudencia” mais mantén o compromiso do BNG e realizar as xestións necesarias para saber que actuacións pode desenvolver demarcacións de costas para ver como solucionar esta situación. Rego insta a que as administracións ”falen entre elas” para que se poñan de acordo en resolver esta cuestión.

Entre as actuacións que a equipa municipal lle trasladou ao deputado está a de rematar o saneamento en toda a zona do Val de Baldaio. Néstor Rego comprometeuse a pelexar nestes orzamentos para lograr partidas necesarias para finalizar esta actuación.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG