Montser Prado denuncia "o silencio" da TVG sobre as gravacions do Ministro de Interior
A nacionalista afirmou que mentres outros medios reproducían as gravacións de Jorge Fernández co Xefe da oficina Antifraude de Catalunya, Daniel Alonso, a Televisión galega emitiu un pantallazo na páxina web titulando que o ministro de Interior iniciaría unha investigación sobre as conversas gravadas
A parlamentaria do BNG, Montse Prado criticou hoxe na Comisión de control da CRTVG que a pesar de existir unha lei dos Medios públicos que debe garantir a pluralidade ideolóxica, político e cultural de Galiza e buscar a obxectividade, imparcialidade e neutralidade informativa, no caso das gravacións do Ministro do Interior, Jorge Fernández co Xefe da Oficina Antifrude de Catalunya para intentar incriminar a algún membro de Esquerra Republicana, non se cumpriu a lei, xa que mentres outros medios emitían as devanditas gravacións, a TVG minimizou e manipulou a noticia.
A parlamentaria lembrou que en múltiples ocasións, o BNG denunciou a manipulación informativa dos medios de titularidade pública así como o uso obsceno da TVG para actuar en beneficio do Partido popular pero esta vez, dixo, cando cremos que xa chegaron ao límite da manipulación sistemática atopámonos que o pasado martes, día 21 de xuño saltou á opinión pública que o Ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz tratou de fabricar escándalos contra partidos e cargos en Catalunya conxuntamente co director da Oficina de Antifraude, Daniel Alonso, nas vésperas do proceso do 9 de novembro realizado en Catalunya, como desmostras as gravacións publicadas por un xornal. Das gravacións desprendese que se buscaban casos de corrupción ao redor da órbita do soberanismo e en concreto de Oriol Junqueras. Esta información foi noticia en todos os medios de comunicación pero na TVG o día 21 a CRTVG non tivo ningún oco para emitila a pesar de saltar antes da edición do TX2.
A parlamentaria lembrou que noutras ocasións, non houbo problema para cortar a programación ante noticias de envergadura ou para facer publicidade do anuncio de Feijóo sobre os floteis o que constata que tecnicamente era posible facer o mesmo coas gravacións do Ministro do Interior pero houbo que agardar 24 horas para que a TVG se fixera eco no TX1 baixo o titular o ministro di ser vítima dunha conspiración e ordenará unha investigación sobre as gravacións. A TVG, unha vez máis, dixo a nacionalista da a versión do goberno.
Montse Prado tamén lembrou que o propio Comité de empresa da CRTVG amosou o seu desacordo coa información emitida e denuncio a manipulación informativa sobre este asunto.
Sánchez Izquierdo xustifica non emitir as gravacións por descoñecer a súa procedencia
Pola súa parte, o director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo afirmou que na TVG só emiten gravacións sumariais e non as que aparecen nun dixital. Sánchez Izquierdo afirmou que a noticia das gravacións foi noticia de cabeceira do día 22 e ese mesmo día foi tratado tamén en Área Pública pero a gran noticia da xornada era o brexit e o tratamento das gravacións do Ministro do Interior recibiu un tratamento menor nos seguintes días ante o impacto do brexit no Reino Unido. Ademais, a noticia foi colgada na páxina web e reiterou que non deron as gravacións porque non sabes de onde proceden e só apareceron nun medio dixital.
Na réplica a deputada reiterou que o director Xeral da CRTVG está ao servizo dos intereses do Partido popular e asegurou que coa súa resposta tentou xustificar o inxustificable ademais de tomarnos por imbéciles.
Montse Prado criticou que non foran emitidas as gravacións de Jorge Fernández mentres a TVG emitiu ata a saciedade imaxes dos supermercados baleiros de Venezuela cando resultaron ser imaxes falsas e tomadas en Estados Unidos. A parlamentaria lamentou que unha vez máis a TVG siga os ditados do goberno e do PP en troques de estar ao servizos de todos e todas os galegos.