Montse Prado representará o BNG na Convención nacional do Bloco de Esquerda
09 de novembro de 2012 (16:02 h.)
A secretaria de Organización, Montse Prado, vai asistir esta fin de semana en Lisboa á oitava Convenção Nacional do Bloco de Esquerda, que decorrerá os días 10 e 11 de Novembro baixo o lema de Vencer a Troika.
Na Convención o Bloco defende un radical cambio de rumo das políticas públicas en Portugal desde a denuncia do Memorando que a Troika (Banco Central Europeu, Comisión Europea, Fondo Monetario Internacional) impón ao pobo portugués co apoio da dereita gobernante e do Partido Socialista.