Montse Prado: "O PP saquea a Sanidade Pública vendéndoa por lotes"
A deputada do BNG defendeu unha Proposición non de lei no Parlamento galego contra a privatización dos servizos de esterilización dos hospitais galegos
A deputada do BNG, Montse Prado defendeu hoxe en comisión, a través dunha Proposición non de lei , paralizar a externalización dos servizos de esterilización dos centros hopitalarios públicos galegos.
Na súa intervención, alertou das consecuencias da política privatizadora do Partido popular e da indefensión dos pacientes ante unha política sanitaria que cualificou de demoledora e inxusta e que penaliza a enfermidade.
Temos constancia, dixo, dos problemas que se producen nos hospitais públicos por aplicar o Partido popular a súa política privatizadora á que agora hai que sumar a privatización do servizo de esterilización.
Neste sentido, recalcou que o colectivo de facultativos/as e traballadores da sanidade manifestáronse en diferentes mobilizacións contra esta política política que afectan xa a case todos os servizos sanitarios e que a Consellería de Sanidade segue negando sen ningún rubor.
Unh contrato por 132 millóns de euros, máis IVE, ás agachadas e sen informe previo que o xustifique
A parlamentaria do BNG explicou que o 2 de xaneiro publicouse no Diario Oficial da U.E o concurso para a concesión do servizo de esterilización, en período vacacional e sen informar ao persoal afectado, así, dixo, é como xestiona o Partido popular a Sanidade, ás agachadas e sen dar contas a ninguén.
O contrato ofertado por 132 millóns de euros, máis IVE, será adxudicado o vindeiro 1 de marzo, un contrato recalcou, Prado que carece dun informe previo que o xustifique e que ten en contra a tod@s os profesionais que mesmo remitiron unha carta á Consellería de Sanidade solicitando reconsiderar a privatización do servizo de esterilización.
O documento enviado á conselleira recollía ademais da oposición á nova medida privatizadora, as sinaturas do persoal que presta o seu servizo nas unidades que desenvolven a súa actividade con material esterilizado.
O PP privatiza a bata branca
Si todos os servizos son importantes, dixo a deputada do BNG, este ten unha aplicación directa na calidade asistencial. O PP volve mentir, e privatiza a bata blanca. Está en xogo todo o material e instrumental necesario para atender os quirófanos, as salas de curas, os paritorios, o servizo de urxencias. Qué van facer agora?, preguntou, cargarán os camións de material que debe ser usado para as probas médicas e os terán percorrendo as estradas para a súa esterilización?.
Estamos ante o saqueo da Sanidade pública e a súa venda por lotes, afirmou Monste Prado que tamén acusou aos deputados do Partido popular de avaliar á política da Consellería de Sanidade votando en contra da iniciativa nacionalista. Vostedes, concluíu, co seu voto desfavorábel son cómplices do desmantelamento da Sanidade pública galega.