Montse Prado denuncia a baixa execución orzamentaria da Xunta en materia de emprego

A deputada lembrou que non foi executado o 10% do orzamento destacando de maneira especial, o investido en fomento de emprego, formación profesional para desempregad@s e mellorada da cualificación de emprego

A parlamentaria do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta na Comisión de Emprego sobre a baixa execución orzamentaria da Xunta nesta materia.

A deputada explicou que o grao de execución total foi do 90% quedando o 10% sen executar sobre todo en áreas e programas fundamentais para impulsar o emprego entre os que destacou: a mellora e fomento de empregabilidade , 67%, a intermediación e inserción laboral, 67,3% a formación profesional de desempregad@s, 71,8% e a mellora de cualificación no emprego co 32,3% executado.

Para a deputada, os datos de execución para o ano 2014 denotan “unha deficiente práctica na execución orzamentaria” que incidiu moi negativamente a hora de acadar os obxectivos fixados nestes programas.

A realidade, dixo, e que estamo “nunha situación de emerxencia” e as persoas desempregadas “non albiscan” a tan cacareada propaganda do PP de que o paro baixa e “estamos nunha mellor situación situación”. Dende o ano 2009 cando o PP volveu a Xunta constatamos unha redución en políticas de emprego que rondan os 400 millóns de euros.

A deputada tamén preguntou como casan estes datos coas afirmacións da consellería de Traballo que a principal prioridade do Goberno é a creación de emprego así como mellorar as condicións dos empregados e que Galiza “cumpriu coas previsión do Goberno central”, neste ámbito.

Pola súa parte, a directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz respondeu que a “prioridade do Goberno é loitar contra o desemprego” e a execución do orzamento depende do compromiso das entidades para desenvolver unha actividade que logo deben xustificar e eses parámetros son os que marcan a execución. Díaz salientou a “transparencia” na execución.

Prado amosa unha publicación da consellería que desminte os datos defendidos pola directora xeral de Emprego

Na réplica, Montse Prado censurou que a directora xeral de Emprego negara os datos publicados sobre execución de orzamento e presumira de acadar os obxectivos, “vostedes, dixo, nin sequera gastan o que teñen” a pesar da grave realidade que están a vivir as persoas desempregadas.

Finalmente, a deputada mostrou un libro publicado pola propia consellería de Traballo e Benestar que desmenten as cifras defendidas pola directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz.